As novas sanitarias: Ourense/Galicia

Decenas de trabajadores protestan por las deficiencias del servicio de Medicina Interna del CHUO

“Dende a apertura do novo edificio as deficiencias coas que convive o persoal son innumerábeis”, lamentan

Decenas de trabajadores del CHUO se han concentrado este martes por la mañana a las puertas del complejo hospitalario para protestar por las condiciones del servicio de Medicina Interna. Con consignas como “Mais enfermeria, menos risco!” o “22 doentes, una enfermeira a carreira”, los concentrados han mostrado su apoyo a los trabajadores de Interna, que llevan tiempo denunciando su situación laboral.

https://www.laregion.es/articulo/ourense/decenas-trabajadores-protestan-deficiencias-servicio-medicina-interna-chuo/20191029132546902778.html

Grupos políticos de Celanova urgen el servicio de Radiología.

El servicio del centro de salud de la localidad lleva tres meses sin funcionar

A principios de la semana pasada, se inició una campaña de recogida de firmas con el objetivo de recuperar el Servicio de Radiodiagnóstico para el centro de salud celanovense, que lleva ya tres meses sin funcionar.

https://www.laregion.es/articulo/celanova/grupos-politicos-celanova-urgen-servicio-radiologia/20191029104601902723.html

Comisión de Centro y Xerencia del CHUO tercian en si se cierran o no camas en el Complexo Hospitalario de Ourense

Con las gripes invernales acechando, la Comisión de Centro del CHUO asegura que está previsto cerrar al menos 10 camas en Medicina Interna. Los responsables del Complexo aseguran que “tal posibilidade é simplemente absurda ademais de falsa”

Sin que conste todavía la llegada de la gripe con el clásico incremento de pacientes de los inviernos en el CHUO, la polémica por el cierre de camas vuelve a estar servida. La Comisión de Centro denunció este martes las intenciones de los responsables del Complexo de cerrar 10 camas en Medicina Interna, a lo que Xerencia de Xestión ya ha respondido (con absoluta inmediatez, como tiene por costumbre) desmintiéndolo todo.

https://www.ourensedixital.com/_novas/19/10/22_01.htm

O Sergas inicia o proceso para cubrir, cun contrato de longa duración, a praza de Dermatoloxía no hospital de Verín

Aínda que dende o Sergas temen, como xa ocorreu no Barco de Valdeorras, que a convocatoria quede deserta; o certo é que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio para darlle cobertura, de xeito interino e cun contrato de longa duración, á praza de Dermatoloxía no hospital comarcal de Verín.

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/sergas-convoca-praza-interina-cubrir-vacante-do-dermatologo-do-hospital-verin/20191029211527003825.html

El Concello de Xinzo trasladó a Xerencia de la EOXI demandas en el Centro de Saúde.

Aunque no sería de los que peor funciona entre los de la provincia, el Concello considera preciso introducir mejoras, lo que se trasladó al responsable de Xestión Integrada de Ourense

El Centro de Saúde de Xinzo “parece ser que é un dos que mellor funciona da provincia, tanto polo alto grao de implicación do persoal que presta aquí os seus servizos, como da coordinación do mesmo, recoñecendo ambas partes a escaseza de persoal, e de espazos para realizar exercicios por parte da matrona”. Así lo asegura la alcaldesa de Xinzo de Limia, la socialista Elvira Lama, tras reunirse este jueves con el Xerente de la EOXI, Félix Ribial. La alcaldesa y el concelleiro Rafa Penabad habrían trasladado al responsable de Xerencia Integrada de Ourense en el curso de la reunión la necesidad de obrar mejoras en el Centro así como las demandas y las carencias que hicieron llegar a los munícipes los responsables de Coordinación y Dirección de dicho Centro de Saúde.

https://www.ourensedixital.com/_limia_novas/19/10/17_01.htm

O Barco mantén a súa concentración semanal para pedir unha “primaria digna”

Unha semana máis, tal e como se vén facendo dende finais de maio, veciños e persoal sanitario concentrábanse neste xoves ás 12h. no exterior do Centro de Saúde do Barco para pedir melloras na atención primaria con pancartas con textos como “Xuntos por unha Atención Primaria digna”, entre outros.

https://www.osil.info/o-barco-manten-a-sua-concentracion-semanal-para-pedir-unha-primaria-digna/

Os donos de Povisa pecharon un pacto para operar máis pacientes do Sergas antes de vender o hospital.

O pasado 3 de outubro o ata agora grupo empresarial propietario de Povisa, o hospital privado que en virtude dun concerto co Sergas é o de referencia para 130.000 pacientes da sanidade pública,asinaba a súa venda a Ribera Salud, a compañía sanitaria que dende 2018 é propiedade da multinacional estadounidense Centene Corporation. Poucos días antes, o 30 de setembro, compradora e vendedora ratificaban á Consellería de Sanidade que a operación estaba a piques de culminar e, ao tempo, Grupo Nosa Terra 21 deixaba atado un acordo co Goberno galego para operar aínda máis pacientes do Servizo Galego de Saúde na área de Vigo.

A finais de 2018, despois de que Povisa amagase con ir a concurso de acredores, a Xunta accedía a mellorar as condicións do seu concerto sanitario, asinado en 2014, aínda que, segundo a xustiza, non se producira circunstancia ningunha que recomendase facelo. Entre as mudanzas figuraba o compromiso de que o Sergas pasase a asumir a subministración directa da medicación hospitalaria aos pacientes adscritos a Povisa e, a cambio, Sanidade baixaba a cota anual por paciente de 540 a 504,79 euros, sistema de financiamento abertamente criticado polo Consello de Contas por mor da súa escasa “transparencia”.

Na nota oficial divulgada daquela por Sanidade para “salientar o acordo adicional acadado” con Povisa, o Goberno galego sinalaba que aquel pacto “especificaba” a “realización de actividade adicional” no hospital privado. Isto é, de asistencia non contemplada no concerto especificamente. A modo de exemplo, sinalaba que entre esa “actividade adicional” estaría a “realización e seguimento de probas complementarias a pacientes que proveñan do programa de cribado de colon” e tamén “a atención a pacientes en lista de espera da EOXI de Vigo“.

https://praza.gal/politica/os-donos-de-povisa-pecharon-un-pacto-para-operar-mais-pacientes-do-sergas-antes-de-vender-o-hospital

A Atención Primaria no conflito sanitario: entre a mobilización e a negociación.

Logo das novas concentracións deste pasado xoves ante os centros de saúde, a Asemblea Galega de Áreas Sanitarias (AAS) convocou este sábado a unha manifestación da Atención Primaria que sairá ás 12 da Alameda de Santiago. Foi unha mobilización máis, fundamentalmente secundada por persoal médico, nun conflito sanitario que non cesa e tenlle varias frontes abertas á Xunta, mentres o Consello Técnico impulsado polo Sergas mantén os labores nas diferentes comisións, nas que traballan máis de 200 profesionais e con pequenos avances.

Desde a AAS aseguran que, tras “meses de conflito” na Atención Primaria, “non houbo ningunha mellora real” e que a Consellería de Sanidade “non fixo nada” que se notase. “Ten aberto moitas comisións de traballo pero non se ve no día a día da asistencia sanitaria”, critica o colectivo que une as asembleas de médicos das distintas áreas sanitarias de Galicia e que considera que “os anuncios na prensa non os notan os profesionais nin a poboación”.

A mobilización do sábado reúne profesionais de toda Galicia, aínda que non está apoiada polas grandes plataformas sanitarias como SOS Sanidade Pública, que agrupa a maioría de colectivos e sectores.

Porque o conflito en Galicia deu un xiro coa creación desa ampla mesa de diálogo impulsada polo Sergas, unha das medidas que sindicatos e colectivos reclamaran para desconvocar a folga de tres días que estaba prevista en abril. O Consello Técnico, a inclusión de cinco puntos “irrenunciables” nas conversas e o cambio no modelo de negociación detiveron aqueles paros, pero non o malestar, que agromou en poucas horas. Na Atención Primaria, a protesta derivou en varias frontes e na conformación das asembleas sanitarias á marxe dunha coordinadora que agrupaba diferentes entidades.

https://praza.gal/acontece/a-atencion-primaria-no-conflito-sanitario-entre-a-mobilizacion-e-a-negociacion

O colectivo dos celadores reivindica ter presenza propia dentro da reforma sanitaria en Galicia

O colectivo de celadores quere participar de maneira activa nas mesas para a reforma da Atención Primaria. A Asociación de Celadores Galegos di que se está negociando sen contar con eles. Os sindicatos apuntan que si están pendentes desta figura sanitaria, mais que as mesas de reforma da Atención Primaria non falan de prestacións senón de carteiras de servizos.

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/107792-colectivo-celadores-reivindica-ter-presenza-propia-reforma-sanitaria-galicia

 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.