7 DE ABRIL DÍA MUNDIA DA SAÚDE. Manifesto da AGDSP

1

O 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde, e aínda que a situación non está para moitas conmemoracións neste terreo, desde a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública queremos facer algunhas consideracións na actual situación de pandemia polo Covid19:

1.-Somos humanos e  a vida e a saúde non están garantidas e dependen de moitas circunstancias que non podemos controlar de todo e que son en parte impredicibles pero que están moi relacionadas cos cambios no ecosistema que nos arrodea e  que producimos nós mesmos e da globalización neoliberal que nos fixo moito mais vulnerables. A Organización Mundial da Saúde leva moitos anos advertíndonos da probable emerxencia de pandemias sen que se adoptaron as medidas oportunas para previlas e/ou diminuír o seu impacto. É necesario concienciarse desta necesidade e cando pase a actual pandemia non podemos esquecernos diso baixo o risco de repetilo.

2.-Cando chegan estas situacións precisamos dun potente sistema sanitario público que cubra a toda a poboación e que teña medios suficientes para prestar unha atención sanitaria de calidade a todas as persoas. Os procesos de recortes e privatizacións, de minguas no sistema sanitario público, acaban pagándose nos momentos de crises porque entón non hai medios suficientes para respostar ante un aumento moi grande da demanda. Necesitamos polo tanto afortalar a Sanidade Pública dotándoa de medios suficientes.

3.-Un feito destacable é,  como no Estado Español as CCAA  onde o peso dos recortes e das privatizacións teñen sido máis importantes e que menos orzamento, por habitante, adican as necesidades sanitarias están a ter unha situación máis complicada neste momento. O peche de camas, a privatización nos hospitais obriga ahora a montar centros de campaña.

4.-Na nosa terra, a situación máis preocupante se situa nos Centros de Atención as persoas maiores. Tampouco é casualidade que aconteza nun dos sectores máis fortemente dependentes do capital privado e onde ten primado o interés polo beneficio que o prestar unha verdadeira atención a esas persoas. A pandemía fixo que sairan a luz as condicións tanto dos residentes como dos traballadores empregados nelas. A falla dun ratio axeitado de profesionais e a falla de control por parte da Adminstración Pública do control e situación non interior das mesmas, ten agravado a saúde dos maiores e levado a Xunta de Galicia a improvisar lugares alternativos e mesmo a ter que intervir a súa xestión e dirección. O sector sociosanitario ten amosado, aquí, unha debilidade que despois de pasada a pandemia é moi urxente revisar e non esquencer. Precísase dunha ampla rede de residencias de titularidade e xestión pública e dun control rigoroso de todas elas (públicas e privadas

4.-As crises de saúde poñen e deixan moi claro que é fundamental a existencia dunha potente Atención Primaria de Saúde que poida atender e/ou solucionar o 90% dos problemas de saúde da poboación. O enfocar a xestión desta pandemia dende unha visión cunha alta porcentaxe de hospitalocentrismo, derivando incluso profesionais da Atención Primaria cara os centros hospitalarios non deixa de ser  un gravísimo erro que dixa a poboación e os profesionais máis desarmados para aforntar a presente crise sanitaria e as novas que podan vir. O afortalamento da Atención Primaria e básico para garantir unha axeita asistencia e atención en situacións de normalidade e moito máis nos momentos de crise sanitaria, para disminuir mortalidade e evitar os colapsos nos hospitais. A administración sanitaria ten que modificar o xeito de enfocar, estas crises, polo ben da sociedade.

5.-Os traballadores da Sanidade xogan un papel fundamental no funcionamento dos sistemas de saúde e por iso necesítase facer un esforzo para asegurar unha dotación suficiente dos mesmos, unha cualificación apropiada ás necesidades de saúde e unhas condicións laborais dignas. A aposta pola seguridade e a mellora nas condicións de traballo son piares básicos para os que teñen que estar enfrontandose aos problemas de saúde da poboación.

6.-Outra cuestión que esta desvelando a pandemia é a debilidade dos mecanismos de apoio internacional, a escala planetaria e na propia UE. Só se conseguimos sistemas de solidariedade internacional poderemos saír con ben desta pandemia e das próximas que mais tarde ou mais cedo probablemente produciranse, unha solidariedade que ten que ser sanitaria, económica e social..

7.-Estes momentos son tamén  propicios para oss especuladores que tentan obter grandes beneficios cos problemas de saúde alleos. Neste eido, están os que queren facer grandes negocios con máscaras,  equipos de illamento, respiradores, etc. Uno dos riscos da globalización está na externalización e deslocalización da produción de elementos que resultan moitas veces indispensables. Temos que garantir a nivel do país e/ou da UE reservas estratéxicas e capacidade de produción de todos os materiais que son indispensables para o funcionamento da Sanidade Pública.

8.-O abandono e/ou os recortes na investigación coa escusa da crise desvélanse agora como políticas suicidas que estamos a pagar. Trátase de potenciar a investigación e facelo no ámbito público para garantir o acceso dos seus resultados a toda a poboación.

Entre todos e todas venceremos a pandemia, pero non debemos de permitir que tantas mortes e tanto sufrimento prodúzanse en balde. Temos que aprender do sucedido e comprender que hai que reforzar a Sanidade Pública de calidade, de xestión pública e de acceso universal. E reforzar os mecanismos de coordinación e solidariedade internacionais.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

6 de Abril do 2020

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to 7 DE ABRIL DÍA MUNDIA DA SAÚDE. Manifesto da AGDSP

  1. Xosé Santos Otero di:

    Defender a sanidade pública é defender a sustentabilidade da sociedade e o futuro da propia humanidade.
    Grazas e parabéns polo traballo de tódolos sanitarios e sanitarias

  2. Eva di:

    Hai que defender e mellorar extraoedinamente a Sanidade pública en todos os seus ámbitos. Pagar moi ben acada profesional, polo en valor e contratar a moitísimos e moitísimas máis profesionais. Acabar coa precariedade e construír un sistema de saúde pública forte, Integrativo e moito máis humaninazado

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.