O Sergas renova a privatización do mantemento tras certificar Contas que empeora o servizo

O Sergas renova a privatización do mantemento tras certificar Contas que empeora o servizo

No ano 2013 o Servizo Galego de Saúde adxudicou á empresa Ibérica de Mantenimiento (Iberman S.A.) o mantemento dos equipos de electromedicina, isto é, toda a maquinaria que non é alta tecnoloxía. Por 25 millóns de euros esta compañía asumiu a responsabilidade sobre equipos como incubadoras, mesas cirúrxicas electrocardiógrafos ou equipos de radios X en practicamente todo o Sergas agás no hospital de Vigo, cuxa fórmula público-privada abrangue este servizo. A pasada primavera, catro anos despois, un duro informe do Consello de Contas certificaba que esa privatización empeorou o servizo e, ademais, apenas supuxo aforro. Así e todo, Sanidade vaina renovar, aínda que non cunha única contratación, senón con varias.

 

http://praza.gal/nova/15109/o-sergas-renova-a-privatizacion-do-mantemento-tras-certificar-contas-que-empeora-o-servizo/
Advertisements
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Milleiros de cidadáns do oriente ourensán saen á rúa para defender a área sanitaria do Barco

  • Milleiros de cidadáns do oriente ourensán saen á rúa para defender a área sanitaria do Barco

    Ao redor de 7.000 persoas participaban na manifestación que percorría o centro da vila para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde que contempla a desaparición da área valdeorresa

http://www.osil.info/milleiros-de-cidadans-oriente-ourensan-saen-rua-defender-area-sanitaria-barco/

La comarca se echa a la calle para exigir el área sanitaria

Vecinos de Valdeorras, Trives y Viana se manifiestan en contras del anteproyecto de Lei de Saúde

La sanidad preocupa en el área sanitaria de O Barco. El anuncio de su desaparición y sustitución por un distrito sacó ayer a la calle a aproximadamente 9.000 personas, según las estimaciones de la Policía Local. Encabezada por una pancarta con el lema “Sanidade de segunda non. Somos unha área”..

http://www.laregion.es/articulo/valdeorras/comarca-echa-calle-exigir-area-sanitaria/20171001085623739105.html

Más de 5.000 personas se manifiestan en defensa del Hospital de Valdeorras

La población de la comarca teme que el área sanitaria pierda su funcionalidad, para convertirse en un centro de especialidades, y tengan que desplazarse a Ourense

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/10/01/5000-personas-manifiestan-defensa-hospital/1759046.html

Más de 5.000 voces claman contra la nueva Lei de Saúde

Vecinos de Valdeorras, Trives, Manzaneda y Viana secundaron la protesta en O Barco

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/o-barco-de-valdeorras/2017/09/30/5000-voces-claman-contra-nueva-lei-saude/00031506801772968120706.htm

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

NOTA DE PRENSA DA AGDSP SOBRE O DECRETO QUE REGULA OS TEMPOS MÁXIMOS DE ESPERA NA SANIDADE PÚBLICA

Ante a información de que a Xunta de Galicia  aprobou un decreto que desenvolve e reglogo agdspula a Lei de Garantías de tempos máximos de atención sanitaria do ano 2013, para que os hospitais privados realicen as intervencións cirúrxicas  dos pacientes que estean máis de 60 dias en lista espera, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:

1.- Esta medida supón un novo avance da privatización e descapitalización da sanidade galega. Núñez Feijoo acepta, unha vez máis e sen rechistar, a esixencia da asociación de hospitais privados española de facerse cargo de as listas de espera da sanidade pública. Esta medida supón un pastel moi apetitoso para a sanidade privada que facilita a chegada a Galicia de fondos de investimento e multinacionais, como,  Quirón Saúde, que crecen a costa de o deterioro da sanidade pública.

2.- O custo desta medida supoñerá desviar ao redor de 100 millóns de euros de diñeiro público á sanidade privada, o que descapitalizará, aínda máis,  a sanidade pública galega que sufriu importantes recortes orzamantarios, coa escusa da crise.

3.- Este decreto supoñerá un parche que non resolverá o problema das listas e espera, que volveran a crecer irremediabelmente a medio prazo . A experiencia demostra que medidas parciais non resolven un problema estrutural que ten que ver coa falta de médicos e camas, o baixo rendemento dos quirófanos que pechan pola tardes, a ausencia de incentivos profesionais, a dobre dedicación de médicos e xefes de servizo á sanidade pública e a privada violentando a lei de incompatibilidades.

As listas de espera non son algo conxuntural senón que revelan os males de fondo da sanidade pública, por iso é polo que non poidan frearse con plans de choque nin derivándoas aos hospitais privados

Desde a nosa Asociación esiximos a retirada deste Decreto, establecer prioridades, aumentar camas , optimizar recursos , desenvolver a cirurxía ambulatoria e implicar mellor aos profesionais (con incentivos) en a loita contra as listas de espera.

 Asociación Galega a para a Defensa da Sanidade Pública

29 setembro 2017

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

MANIFESTACIÓN SÁBADO DÍA 30 DE SETEMBRO NO BARCO.

cartaz valdeorras mani 30 de setembro

Imaxe | Posted on by | Deixar un comentario

SOLIDARIEDADE E APOIO AS MOVILIZACIÓNS EN VALDEORRAS CONTRA O ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI DE SAÚDE DA GALICIA

LOGO2 SOS.jpg OurenseNOTA DE PRENSA

DE: PLATAFORMA POLA MELLORA E DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE

ASUNTO:  MOBILIZACIÓNS CONTRA O ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI DE SAÚDE DE GALICIA EN VALDEORRAS.

A Plataforma pola Defensa en Mellora da Sanidade Pública de Ourense manifestamos o noso apoio e solidariedade coas mobilizacións convocadas pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Valdeorras para o sábado día 30 de setembro no Barco contra o Anteproxecto de Modificación da Lei de Saúde de Galicia porque:

  • Esa Lei vai modificar o  Mapa Sanitario provocando unha redución dos recursos dos, xa de por si, mermados Hospitais comarcais de Galicia.
  • Unha normativa que se engloba dentro da estratexia, constante e permanente que leva adiante o PP a prol de desmantelamento e privatización do noso sistema público de saúde e a entrega de cada vez maiores parcelas do mesmo as empresas privadas.
  • Estas medidas incrementarán as cancelas que sufren os cidadáns de Valdeorras para ter unha atención e asistencia sanitaria de calidade. Ademáis esto vai tamén repercutir no Complexo Hospitalario de Ourense que terá que atender e resolver moitos dos problemas que se deixarán de atender no Comarcal de Valdeorras e de todos resulta coñecido a sobrecarga que xa de por si ten o Complexo Hospitalario de Ourense .
  • O Anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galicia non elimina as Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) que están sendo as causantes da minguante falla de recursos da Atención Primaria, un dos estamentos considerados básicos dentro do noso Sistema de Saúde, polo tanto é fundamental o seu pulo e desenvolvemento para prestar unha atención e unha asistencia de calidade.
  • Con estas moidificacións correse o risco de que se incremente a precariedade laboral dos profesionais do SERGAS xa que favorece a mobilidade forzosa.
  • Esta proposta de modificación lexislativa abrelle, ainda máis, as portas a privatización de todo aquelo que ten que ver co I+D+I, hipotecando o liderado do Sistema Público neste terreo, poñendo os centros sanitarios, os profesionais, os fondos e os pacientes do sistema público ao servizo dos intereses tanto de empresas, aseguradoras e laboratorios privados. O SERGAS, ou sexa os cidadáns, poñemos os recursos económicos e os beneficios os levan as empresas privadas.

A Plataforma de Ourense, solicitamos a retirada desa modificación lexislativa da Lei de Saúde de Galicia  e facemos un chamamento a poboación, profesionais, organizacións sociais, políticas e sindicais a apoiar e acudir a estas mobilizacións

Ourense 27 de Setembro do 2017

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Plataforma de Valdeorras chama a concentración todolos mércores contra a reforma a Lei de Saúde de Galicia

cartaz valdeorras lei de saude de galicia

Imaxe | Posted on by | Deixar un comentario

Comunicado da Plataforma Sanitaria de Valdeorras con motivo da reforma da Lei de Saúde de Galicia

Comunicado da Plataforma Sanitaria de Valdeorras

Co obxecto de explicar e aclarar o ante proxecto de lei que modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia a Consellería de Sanidade convocou a unha xuntanza en Santiago de Compostela aos alcaldes e portavoces municipais do Área do hospital de Valdeorras. Posteriormente reuniuse o grupo de traballo da Plataforma Sanitaria de Valdeorras para analizar a xuntanza co Conselleiro e concluír que non aportou ningunha novidade, en tal caso se reafirmou, no que conten o ante proxecto de lei colgado no Portal da Transparencia da Xunta de Galicia.

O grupo de traballo da Plataforma Sanitaria mantense nos termos adoptados na asemblea do día 16 de agosto ata a realización dunha nova xuntanza xeral no mes de setembro. Valoramos que a vontade de diálogo pasa por reorientar o proceso de discusión que asegure que non se efectuaran cambios en canto á calidade da atención sanitaria das comarcas que conforman a Área que engloba as comarcas de Viana, Trives e Valdeorras. E que se non se desvirtúe o acceso á información, á participación e ao control dos usuarios e dos traballadores que o proxecto debilita.

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras defende mobilización cidadá cos seguintes obxectivos:

1. Retirada do anteproxecto de lei de modificación da Lei 8/2008 do 10 de xullo de saúde de Galicia.

2. Desenvolver e dotar de orzamento da actual lei de saúde.

3. Instar a formación dun grupo de traballo, que inclúa a representantes de todos os partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia, Fegamp, sindicatos, asociacións de pacientes, Colexios profesionais da sanidade e outros colectivos de relevancia no eido sanitario galego, para determinar as posibles necesidades de modificación da lexislación sanitaria. Este grupo de traballo elaborará un informe de conclusións que será de acceso público e que proporá as posibles melloras normativas no sistema sanitario galego, de ser precisas.

As primeiras medidas a realizar:

1. Conformación dun grupo de traballo aberto con xuntanza semanal para o seguimento das accións propostas.

2. Presentación de mocións nos concellos para rexeitar o anteproxecto de lei.

3. Inicio de xuntanzas informativas polos concellos e aldeas da área sanitaria.

4. Presentación dunha moción de defensa da área sanitaria na Deputación Provincial de Ourense.

5. Organizar concentracións ante o Hospital de Valdeorras ao mediodía dos mércores.

6. Coordinarnos co resto de plataformas das áreas sanitarias afectadas para organizar unha grande manifestación ante o Parlamento de Galicia.

7. Animar a todas/todos a presentar suxerencias contra da reforma en la web de transparencia da Xunta. Exporase un modelo nos concellos, centros de saúde, hospital comarcal, comercios… para facilitar a participación das persoas que teñen difícil acceso as redes sociais. Posteriormente a Plataforma as remitirá ao portal da transparencia da Xunta.

8. Usaremos as redes sociais: whatsapp, facebook… para espallar a problemática sanitaria do rural galego e para dinamizar a mobilización en defensa dunha sanidade pública, próxima e de calidade ao servizo da cidadanía.

A Plataforma convoca a concentrarse aos veciños o próximo mércores de 12 horas a 12.30 horas fronte ao Hospital Comarcal de Valdeorras. Concentración da que tamén participará a Xunta de Persoal do centro. Tamén instamos a xuntanzas, a mesma hora, nas portas dos centros de saúde dos concellos que conforman a Área Sanitaria.

Primeira concentración: mércores día 30 de agosto

VALDEORRAS, SOMOS ÁREA.

POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA, PRÓXIMA E DE CALIDADE

Plataforma Sanitaria de Valdeorras.

O Barco, 24 de agosto 2017

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario