NOVAS SANIDADE OURENSE/GALICIA

Centos de persoas piden ás portas do hospital que non continúe o desmantelamento dos servizos sanitarios

Satisfeitos se amosaban os convocantes da primeira das concentracións que cada venres, ata a grande manifestación prevista polas rúas de Verín, terán lugar puntualmente ás doce do mediodía. Case un milleiro de persoas repasaron as principais carencias do centro hospitalario.
https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/poboacion-responde-chamada-do-persoal-do-hospital/20190927140025003540.html

Concentración para pedir unha “primaria digna” e un novo Centro de Saúde na Rúa

Como xa vén sendo costume dende o pasado mes de febreiro, veciños e persoal sanitario concentrábanse durante cinco minutos ás 12h. deste luns 30 de setembro no exterior do Centro de Saúde da Rúa.

Con este acto reivindicativo seguen insistindo na petición dunha atención “primaria digna” e dun novo centro de saúde para este municipio valdeorrés.

https://www.osil.info/concentracion-para-pedir-unha-primaria-digna-e-un-novo-centro-de-saude-na-rua/

Seguen as reivindicacións no Barco “por unha primaria digna”

https://www.osil.info/seguen-as-reivindicacions-no-barco-por-unha-primaria-digna/

Povisa confirma ao Sergas que ten “moi avanzada” a venda do hospital a un grupo multinacional estadounidense.

O hospital de referencia para máis de 130.000 persoas protexidas pola sanidade pública en Vigo está a piques de pasar a ser propiedade do grupo Ribera Salud e, por extensión, da corporación multinacional Centene, con sede nos Estados Unidos de América. Os responsables do policlínico privado vigués, que en virtude do concerto vixente co Servizo Galego de Saúde fai parte da estrutura asistencia da sanidade pública galega, veñen de confirmar á Consellería de Sanidade que ten “moi avanzadas” as negociacións para unha operación pendente, en todo caso, das autoridades da Competencia.

https://praza.gal/acontece/povisa-confirma-ao-sergas-que-ten-moi-avanzada-a-venda-do-hospital-a-un-grupo-multinacional-estadounidense
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.