As 17 mentiras de Feijóo en Sanidade

As 17 mentiras de Feijóo en Sanidade

O día 6 de febreiro do 2018 entra no Parlamento de Galicia a modificación da Lei Galega de Saúde. O día 10 de xaneiro do 2018, entrou en vigor a aplicación, por parte do Sergas, da Lei de Garantías de prestacións sanitarias. O señor Feijóo e os seus acólitos continúan dicindo as seguintes mentiras:

Podes velas nesta ligazón:

http://praza.gal/opinion/4461/as-17-mentiras-de-feijoo-en-sanidade/
Advertisements
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Os datos falan a favor dos traballadores do CHUO e en contra do Conselleiro de Sanidade

“El nuevo hospital abrió sin cocina, morgue ni cafetería”, denuncia la junta de personal

Los representantes de los trabajadores están molestos con las declaraciones de Almuiña, que les acusa de manipular – Afirman que “está fallando todo y la distribución interna es inoperativa”

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/02/08/nuevo-hospital-abrio-cocina-morgue/1833864.html

La Comisión de Centro del CHUO no se arredra ante Xerencia y mantiene que lo denunciado es cierto

Le recuerdan a Xerencia y al Sergas que toda la tardanza en poner en servicio la cocina y el mortuorio ha sido prisa en dispensar las tarjetas de TV e internet

http://www.ourensedixital.com/_novas/18/02/07_03.htm

Verín se manifestó por partida doble este miércoles en protesta por el deterioro de la Sanidad Pública

La Plataforma sigue buscando una gran movilización de toda la comarca. De momento, la próxima será el día 21, porque el miércoles que viene cuadra en el Entroido

http://www.ourensedixital.com/_verin_novas/18/02/07_01.htm
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Carta aberta aos xefes de servizo do hospital de A Coruña

Reproducimos, polo seu interese esta carta aberta dirixida aos xefes de servizo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)

A presenza nos medios de comunicación da situación das urxencias hospitalarias, continuada, intensa, etiquetada de caos, colapso; a narración das vivencias persoais de espera e sufrimento, as declaracións na prensa de múltiples profesionais médicos, algún deles xefes de urxencias, solicitando solucións é seguro que trouxeron de cabeza á Consellaría de sanidade e ao goberno galego, mesmo ao seu presidente.

A coincidencia no tempo da convocatoria de mobilizacións por parte de SOS Sanidade Pública, de concentracións comarcais o 24 de xaneiro e dunha manifestación en Santiago o 4 de febreiro, que permiten expresar na rúa o malestar da cidadanía era xa o que lles faltaba. A Consellaría tiña que reaccionar e, para eles, a reacción non é facer autocrítica e resolver os problemas senón enfrontar as críticas na comunicación.

A campaña é clara: A mensaxe é ‘O problema é a gripe, as direccións fan todo o que poden pero a intensidade da epidemia supera todas as previsións posibles’; o día 22 de xaneiro Almuíña inaugura un servizo en pediatría na Coruña, convocando á prensa con nocturnidade, por certo, para evitar a presenza de críticos; o día 23 Feijóo anuncia a creación de 20 centros de saúde ata 2020 e fala de miles de contratos feitos neste nadal; o 24, o día das concentracións comarcais de SOS Sanidade Pública, aparece nos nosos correos unha carta asinada por moitos xefes de servizo do hospital de A Coruña. Intentan transmitir tranquilidade á cidadanía, falan dun descoñecido plan de continxencia para a gripe e mostran a súa preocupación polo envellecemento da poboación e a necesidade dun “cambio do modelo organizativo”. O día 25, o seu boletín-Voz de Galicia-, non fai mención, nin unha liña, das miles de persoas que se concentraron o día 24 para reclamar melloras na sanidade, pero mostra profesionais falando ‘dese cambio de modelo organizativo’, intentando deste xeito facer un cambio de programación mediática e tomar a iniciativa: despedimos os colapsos e dedicámonos ao debate dos cambios organizativos.

A estratexia de comunicación da Consellaría é clara. O motivo de escoller aos xefes de servizo da Coruña é descoñecido. Non sabemos se a cidadanía está máis tranquila pero moitas das persoas que traballamos na EOXI de A Coruña estamos agora máis preocupadas, algunhas incluso bastante molestas. A gripe ten presenza pero tamén a teñen as plantillas raquíticas nas plantas, manter profesionais con contratos mes a mes, a falta de cobertura de ausencias en atención primaria, ter uns Puntos de Atención Continuada infradotados de persoal, bloquear axendas de citación en primaria creando listas de espera para o médico de familia, a mala xestión, os sucesivos recortes,…. Todo isto tamén ten responsabilidade do caos, non é só a epidemia.

Non é este o lugar de profundizar no papel dos xefes de servizo, pero os que somos máis vellos botamos en falta aqueles xefes que ‘codirixiron’ este hospital co xerente e o puxeron en primeira plana en España, aqueles que en ningún momento aceptaron un papel subalterno e buscaron a excelencia. Os xefes de servizo teñen a responsabilidade de intentar ofrecer a mellor atención aos pacientes e de promover estratexias de saúde á poboación no seu campo de traballo. Deben preocuparse polo desenvolvemento profesional de todo o persoal do servizo, de que estes funcionen como un equipo, de aspirar a que sexan felices no seu traballo, de coordinarse de modo respectuoso cos profesionais de atención primaria e de poñer todos estes obxectivos por diante da súa fidelidade á dirección de turno.

A sanidade pública é o noso traballo e tamén o noso patrimonio. O papel dos xefes de servizo e o seu liderado é necesario que sexa protagonista e profesional. Deste modo contribuiremos moito máis a mellorar a atención dos pacientes e a mellorar o noso espazo de convivencia.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2018

María Seijo, enfermeira​ e responsable comarcal de CIG-saúde.

Ramón Veras, médico de familia, delegado sindical da agrupación médica de CIG-saúde.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

A Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública pide reflexión a Feijoo

 

sanidad15eneroA Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, co apoio das múltiples plataformas de Defensa da Sanidade Pública de todas as áreas sanitarias da Comunidade Autónoma que agrupan numerosas organizacións veciñais, de enfermos, profesionais, ONG, asociacións de atención primaria, sindicatos e partidos da oposición, concentraron a máis de 30.000 persoas na Praza da Quintana de Santiago en rexeitamento ao proxecto de contrarreforma da Lei Galega de Saúde (LGS), dos recortes e privatizacións do sistema sanitario público.

A reforma da LGS aprobada polo goberno bipartito (PSdG-PSOE), cuxo desenvolvemento foi paralizado por Nuñez Feijoo cando recupero o poder, pretende desmantelar os hospitais comarcais (afastando á poboación rural dos servizos hospitalarios), consolidar a submisión da Atención Primaria ás xerencias hospitalarias, acabar coa participación social na planificación e control da atención de saúde, promover axencias e outros chiringuitos de xestión privada para fragmentar o sistema e precarizar as condicións de traballo do persoal sanitario e privatizar a investigación, desenvolvemento e innovación (I D I) poñendo os recursos e pacientes ao servizo das multinacionais (afines a Feijoo) que patentaran os resultados obtidos con diñeiro público.

A segunda causa da protesta teñen que ver cos recortes e privatizacións postas en marcha pola Xunta de Galicia para desmantelar o Sistema Sanitario Público e facilitar o desembarco de hospitais propiedade de multinacionais, aseguradoras e fondos de investimento. A saturación das urxencias hospitalarias evidencian o colapso do sistema cunhas listas de espera cada vez máis ocultas resultado da diminución de persoal, camas e recursos diagnósticos e o abandono da Atención Primaria.

A Plataforma esixe un encontro con Feijoo para negociar a retirada do proxecto de reforma e a apertura dun proceso aberto e participativo para recuperar os recursos sanitarios desmantelados durante o goberno do Partido Popular.

A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública, que participou activamente na preparación dsa manifestación, chama a manter e acrecentar as mobilizacións ata conseguir estes obxectivos

Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública

4 de febreiro do 2018

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

“DESPOIS DESTA MANIFESTACIÓN, QUEN TEN UN PROBLEMA É O SR. FEIJÓO”.

IMG_20180204_121841Dende a Plataforma SOS de Ourense, estamos máis que satisfeitos do resultado desta manifestación do 4 de Febreiro, onde se deron cita milleiros de persoas, de 5.000 falan os medios, para nós son moito máis deses cinco milleiros pois sabemos que alí estiveron presentes unha representación de outros milleiros de galegos e galegas que tamén estiveron empurrando dende os seus fogares e lugares de traballo e que hoxe non poideron acompañarnos.  Polo tanto un agradecemento aos que fixestes o esforzo de achegarvos a Compostela e manifestar a vosa carraxe e tamén o voso optimismo para seguir empurrando nesta loita contra as privatizacións e contra as políticas neoliberais que tanto dano están a facer ao ben común. 5a771f57ba260-unnamed

No día de hoxe aos representantes da Administración Sanitaria da Xunta de Galicia e o seu Presidente o Sr. Feijóo os galegos e galegas amomoslle a forza dun país que quere unha Sanidade Pública de calidade, que pide unha sanidade ao servizo das maiorías sociais e non para privilexio duns poucos, que reinvindica unha xestión pegada as súas necesidades, que quere que os profesionais sanitarios sexan tratados con dignidade e poidan traballar nas mellores condicións posibles para prestar uns coidados de calidade.

5a771d8cf02b3-445505338_110200

Sr. Feijóo basta de traballar para ter unha Galicia “mansa” e “sumisa”, atenda as propostas que de xeito unitario presentamos todalas Plataformas Sanitarias de Galicia, xunto con todolos partidos da oposición con todalas forzas sindicais nun encontro unitario ao que lle deron respaldo milleiros de galegos e galegas. Vostede dí que é o Presidente “de todolos galegos” pois faga efectiva esa “máxima” e busque o consenso e o diálogo e non a imposición. O dereito a protección da saúde é un piar fundamental da nosa sociedade, é un dereito básico das persoas, non é un tema partidista e afecta a todos e todas por igual independentemente da quen orienten o seu voto.

5a771ccbb45ff-438815145_232424

Dende as Plataformas decimos que esto non é un final, é un punto e seguido nesta loita e polo tanto continuaremos nesta andaina namentras non se modifiquen os motivos polos que xurdimos, loitamos e defendemos.

39371831754_be631cbbfb_h

Aquí podedes ver os titulares dos medios de comunicación do acontecido hoxe en Compostela, tamén se pode entrar en todo o contido das novas ao pinchar na ligazón que as acompaña.

1517753667_205446_1517754044_noticia_normal_recorte1

Video da manifestación

https://tinyurl.com/yb4d8lff

Milleiros ateigan Compostela contra os recortes e pola paralización da reforma sanitaria

“Despois desta manifestación, o que ten un problema é o señor Feijóo”. Manuel Martín, voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública, puxo voz á contundente resposta social contra os recortes no sistema sanitario público galego e pola paralización da reforma sanitaria impulsada pola Xunta. Milleiros de persoas ateigaron este domingo as rúas de Compostela, chegadas de toda Galicia, para protestar contra o “desmantelamento dos hospitais comarcais”, o “colapso” e o progresivo “proceso de privatización” que denuncian na sanidade pública.

https://tinyurl.com/ybsvbary

Miles de persoas protestan contra os recortes na sanidade e piden paralizar a reforma sanitaria da Xunta

Éxito da manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2018 | Actualizada ás 13:31

Miles de persoas secundaron a manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela na que se “retou” ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a que paralice a reforma da Lei de Saúde e manteña un proceso de negociación encamiñado a frear os “recortes” e “privatizacións” na sanidade galega.

https://tinyurl.com/ybo6vefz

Milleiros de persoas ateigan Compostela en defensa da sanidade pública.

A dous días de que o Parlamento debata a Lei de Saúde, os manifestantes amosaron o seu desacordo cunha política, a do Partido Popular, que reduciu os orzamentos sanitarios practicamente desde que en 2009 chego á Xunta de Galiza. “A nova Lei de Saúde suporá, ademais, o desmantelamento dos hospitais comarcais”, denunciou Manuel Marín, portavoz de SOS Sanidade Pública, quen tamén lembrou o recente colapso das urxencias e alertou dos “chiringuitos que se están montando” co “proceso de privatización do I+D+i”.

https://tinyurl.com/yaedblpp

Miles de personas protestan en Santiago contra los “recortes” en sanidad

Los manifestantes piden paralizar la reforma sanitaria

Más de cinco mil personas han secundado la manifestación convocada por la plataforma SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela en la que se ha “retado” al presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a que paralice la reforma de la Lei de Saúde y mantenga un proceso de negociación encaminado a frenar los “recortes” y “privatizaciones” en la sanidad gallega.

https://tinyurl.com/yb42539l

Galeria de imaxes no Correo Gallego

https://tinyurl.com/y9hk2nc4

Miles de personas protestan en Santiago contra los “recortes” en sanidad y piden paralizar la reforma sanitaria

Manuel Martín ha denunciado la situación de “colapso” de la sanidad gallega

Miles de personas desbordaron este mediodía la compostelana plaza de A Quintana para clamar contra la política sanitaria de la Xunta y exigir la paralización de la Lei de Saúde que el martes recibirá luz verde, norma que, según la plataforma SOS Sanidade Pública, promueve la privatización del sistema sanitario, el “desmantelamiento” de los hospitales comarcales y deja en manos de las empresas la innovación médica. A la protesta acudieron los líderes de los tres partidos de la oposición parlamentaria y de los sindicatos CIG, UGT y CCOO. Antes del inicio de la marcha, el portavoz de la plataforma convocante, Manuel Marín, denunció el “colapso” de la sanidad gallega.

https://tinyurl.com/ybvqxcta

SOS en defensa de la sanidade pública

Multitudinaria manifestación en Santiago para pedir la retirada de la reforma de la ley sanitaria.

Los manifestantes, que llenaron las calles de Santiago con sus proclamas y sus pancartas en una de las movilizaciones más concurridas en la capital de Galicia, creen que la supresión de áreas sanitarias es una excusa para privatizar la sanidad y llaman la atención sobre el colapso del sistema, no solo en urgencias sino también en atención primaria.

https://tinyurl.com/y9ugbrn3

Video da “Voz de Galicia”

https://tinyurl.com/y9ugbrn3

Miles de personas salen a la calle contra los recortes y por la paralización de la reforma sanitaria de la Xunta

Llena a rebosar la plaza de A Quintana, Manuel Martín ha destacado la “necesidad” de “tener una reunión urgente” entre los agentes sociales afectados por la reforma sanitaria y el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y ha insistido en pedir la “retirada” de la polémica nueva Lei de Saúde para abrir un proceso de diálogo y “recuperar la sanidad pública de la política de recortes y desmantelamiento”.

https://tinyurl.com/y8o3xebr

Miles de personas protestan en Santiago contra la reforma sanitaria gallega

La plataforma SOS Sanidade Pública insta a Núñez Feijóo a que mantenga un proceso de negociación encaminado a frenar los “recortes” y las “privatizaciones”

Más de 5.000 personas han secundado la manifestación convocada por la plataforma SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela en la que se ha “retado” al presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a que paralice la reforma de la Lei de Saúde y mantenga un proceso de negociación encaminado a frenar los “recortes” y “privatizaciones” en la sanidad gallega.

https://tinyurl.com/ya3y7r25

Multitudinaria protesta en Santiago contra la reforma sanitaria de Feijóo

El proyecto retira atribuciones a hospitales comarcales, restringe el acceso a contratos y conciertos y permite que la investigación pública sea explotada por empresas

Sin cumplirse aún año y medio desde que el popular Alberto Núñez Feijóo logró la única mayoría absoluta de su partido en una comunidad autónoma, miles de gallegos han salido a la calle este domingo para protestar contra la gran reforma sanitaria que ha impulsado su Gobierno en este tiempo. Ciudadanos llegados de todos los rincones de Galicia han desbordado la plaza de A Quintana de Santiago en una protesta secundada por asociaciones de pacientes, sindicatos, agrupaciones vecinales y partidos que acusan a la Xunta de poner en marcha una “estrategia” para “convertir la sanidad en una mercancía más”, según el manifiesto leído con vehemencia por la actriz Isabel Risco.

https://tinyurl.com/y85f7g22
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

HORARIO SAIDA DOS BUSES PARA A MANIFESTACIÓN DO DOMINGO DÍA 4 EN COMPOSTELA

BUS

Todas aquelas persoas que vos anotastes para ir nos buses da Plataforma vos informamos que:

  • SAIDA O DOMINGO DÍA 4 AS 10:00 HORAS NO PARQUE DE SAN LAZARO DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO.SOS-Mani-4-FEB-4-ver2 (1)

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

INFORMACIÓN BUSES PARA A MANI DO DÍA 4 EN COMPOSTELA

SOS-Mani-4-FEB-4-ver2 (1)

Entre o xoves e o venres avisaremos a xente que se anotou se hai buses ou non.

Para anotarse podedes facelo en:

  • plataformasanidadeourense@gmail.com
  • Sedes dos Sindicatos CIG ou CCOO.

Saúdos

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario