A PLATAFORMA INICIA DE NOVO MOVILIZACIÓNS POLO DESMANTELAMENTO DA CIRURXÍA PEDIÁTRICA EN OURENSE

LOGO2 SOS.jpg OurenseNOTA DE PRENSA

Asunto: Cirurxía Pediatrica en Ourense

 No día de hoxe convocados pola Plataforma pola Mellora e Defensa da Sanidade Pública de Ourense, tivo lugar unha xunta para tratar a situación da atención de cirurxía pediátrica na nosa provincia.

A esta xunta acudiron diferentes partidos políticos e sindicatos, así como persoas a nivel inidividual e país e nais afectados ou preocupados polo que leva acontencendo na nosa provincia dende vai varios anos. Onde se se leva traballando de xeito constante, por parte das nosas autoridades e xestores sanitarios para desmantelar e privar do servicio de cirurxía pediátrica a nosa provincia.

Non se pode decir que se van dando solucións, comunicando que se vai desprazar un pediatra dende Vigo, cando eso non soluciona o problema de fondo e non hai esforzos para a procura dunha solución estructural a unha situación que vimos arrastrando dende vai moitos anos.

As organizacións e persoas alí presentes, ante o grao de desconfianza e falla de creencia na vontade dos responsables da Xerencia do EOXI de Ourense así como da Consellería de Sanidade, que sabendo que existen 140 nenos en lista de espera, que moitos teñen que desprazarse a Vigo, que a varios se lle teñen que repetir os preoperatorios ao caducar o tempo de citación, que na creada “Área Compartida” con Vigo existe unha lista de espera de máis de 1000 nenos e nenas, temos decidido tomar as seguintes medidas:

  • Poñer todos os datos e a información nas mans das autoridades xudiciais para que valoren e analicen a situación e vexan se existen indicios de incumprimentos legais no referido aos dereitos de protección a saúde dos menores e familias. Na vindeira semana remitirase un informe a Fiscalia de Menores de Ourense.
  • Remitir Informe ao Valedor do Pobo para que reactive o informe feito pola súa oficina no ano 2013 no que se comprometeu a facer un seguimento da situación, que naquel momento xa denunciaramos dende esta Plataforma.
  • Remitir a todolos concellos mocións para debater nos plenos, nos que se urxa a Consellería de Sanidade a tomar solucións pois esto non é un problema da cidade de Ourense pois abrangue a todolos nenos e nenas da provincia.
  • As diferentes organizacións políticas presentes, con representación parlamentaria comprometeronse a presentar mocións e preguntas no Parlamento.
  • Diseñar unha campaña de sensibilización social entre a poboación da provincia, cara aumentar a presión para que Ourense teña unha atención pediátrica digna, como nos corresponde por xustiza e equidade.

 

Ourense a 20 de Xuño do 2017.-

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s