ASEMBLEA POLA SITUACIÓN DA CIRURXÍA PEDIÁTRICA EN OURENSE

LOGO2 SOS.jpg OurenseNOTA DE PRENSA

PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PUBLICA DE OURENSE.

ASUNTO: SERVIZO DE CIRURXÍA PEDIÁTRICA

Dende esta Plataforma queremos denunciar a situación e trasnmitir a preocupación e indignación que están a sufirir os pais e nais de moitos nenos e nenas da nosa provincia que ao precisar dunha intervención de cirurxía, se atopan non so co problema de que un fillo teña un problema de saúde, senon que ainda por enriba ao non ser atendidos no Complexo Hospitalario de Ourense, son derivados a outras provincias con todolos trastornos e molestias engadidos.

No seu momento esta Plataforma denunciou o peche da atención cirúrxica pediátrica fora do horario de mañáns, realizamos unha forte campaña de denuncias e queixas tanto no Parlamento Galego como ao Valedor do Pobo , que emitiu un informe negativo sobre esta medida tomada pola anterior xerente do EOXI de Ourense Dª Eloina Nuñez. Dende a Oficina do Valedor quedaran en facer un seguimento da situación pero non voltamos a ter novas do mesmo. Tamén observamos que a nova Xerencia mantén a situación herdada.

Parece que nos plans da consellería de sanidade é seguir a tratarnos como a “periferia sanitaria”. O Plan Director sigue incumplindo os prazos, despois de centos de promesas e declaracións, dende o 2013 desmantelouse a atención de cirurxia urxente para os nosos nenos e nenas, non hai reposición de cirurxáns pediátricos, creandose unha situación de importante gravidade, ainda que algúns xestores as cifras lle parezan de “escasa cuantía”.

Na actualidade, a listaxe de espera dos nenos e nenas para ser intervidos ( non urxentes nin de ciruxías complicadas) , está chegando os 140, dandose casos de “caducar” as probas de anestesia e preoperatorio, tendo que volver a seren citados.

No ano 2013, creouse a denominada “ Area de servizo compartido de cirurxia pediátrica da zona sur”, coa  idea de que os nenos con patoloxías non complicadas (fimose,hernias,quistes,uñas,varicocele,etc…) fosen intervidos en Ourense.

A realidade é que non son intervidos en Ourense, e pasan a engrosar a lista de espera de Vigo, onde se estima arredor de 1000 nenos e nenas en espera. Isto conleva o ter que desprazarse para consulta, preoperatorio, e demais trámites que teñan que ver ca intervención, todo elo acarrea o desprazamento non so do neno, senón da familia responsable, tendo que soportar os gastos pertinentes de viaxes, manutención, etc, que en moitos casos non poden facer fronte ao costo que esto representa, ademáis do trastorno para conciliar a súa vida familiar e laboral.

A Plataforma convoca a Organizacións sindicais, políticas, de veciños, de AMPAS, e sobretodo a familiares de nenos e nenas afectados a unha asamblea que terá lugar o martes 20 as 19:00 horas no Salón de Actos da casa Sindical no Parque de San Lázaro. Para analizar a situación, e ver as accións a levar a cabao para rematar con esta situación. Agardamos a presenza e colaboración de todolos interesados para poñer fin a incapacidade da Consellería de Sanidade e Xerencia de Ourense neste tema.

Ourense 15 de Xuño do 2017

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s