OS RESULTADOS DA XESTIÓN DA SRA. ELOINA NUÑEZ DESMONTANDO A ATENCIÓN DE URXENCIA DE CIRURXÍA PEDIATRICA AS 24 HORAS.

CONVOCATORIA MANIFESTACION PEDIATRIANos ano 2013 e 2014 esta Plataforma levou adiante unha forte campaña de denuncia e de traballo polo peche da atención urxente durante as 24 horas do día das urxencias de Cirurxía de pediatría. A Sra. Eloina Nuñez, naquel momento, a xerente da atención sanitaria pública da provincia de Ourense, e hoxe destinada a área de Compostela tomou esa decisión coa complicidade da Consellería de Sanidade e do Presidente da Xunta Sr. Feijóo. Un informe do valedor do pobo, daballe a razón a esta plataforma e consideraba que era unha decisión moi pouco acertada e que podería ter importantes e graves consecuencias para os menores da provincia de Ourense e os seus familiares.

Nestes días ten saido nos medios de comunicación unha denuncia sobre esta cuestión e sabemos que non é o único caso, moi poucas persoas teñen a valentia e as forzas para denunciar publicamente estos temas.  Temos unha nova xerencia na sanidade pública de Ourense pero as cousas siguen sen modificarse, tamén a oficiña do valedor do pobo amosara a súa disposición a manter unha vixiancia sobre esta situación, pero tampouco hai novas de que teña intervido ou investigado sobre o mesmo.

Aquí deixamos a testemuña da denuncia:

A sanidade do futuro

Teño unha nena de catro anos diagnosticada dende hai cinco meses dunha hernia inguinal bilateral coa indicación de ser intervida cirúrxicamente de xeito inmediato. Confirmado o diagnóstico, hai catro meses superaba todo o proceso preoperatorio. “Chamarémosvos nos vindeiros días”, asegurou o pediatra. O certo é que as semanas empezaron a pasar e esa chamada aínda non aconteceu.

O que parecía unha demora máis nas listas de espera da sanidade pública, acabou desvelándose coma un gravísimo déficit de funcionamento do servizo de cirurxía pediátrica do hospital de Ourense. Extraoficialmente puidemos saber que a miña filla non vai ser operada porque nestes intres non hai programación no servizo de cirurxía pediátrica de Ourense, composto por un único especialista que non é quen de atender só os requirimentos mínimos esixidos nunha intervención cirúrxica.

A miña filla é unha máis nunha lista duns setenta nenos que, o mesmo ca ela, teñen que ser operados por indicación médica pero que quedaron atrapados nun limbo administrativo como consecuencia do particular xeito que a Xunta de Galicia e o Sergas teñen de entender como debe funcionar un hospital público como o de Ourense. A situación constitúe unha clara discriminación para os cidadáns de Ourense e para os nenos dunha das provincias máis envellecidas da Terra cun índice de natalidade que, no caso de non ser corrixido, conduciranos á implosión social. Curiosa forma de protexer e atender ese ben en vías de extinción que son os nosos nenos por parte dunha administración que fai propaganda diaria da súa suposta preocupación polas patoloxías terminais da nosa esmorecente demografía.

A miña nena terá que seguir agardando ou recorrer a un hospital privado, unha situación que contravén o espírito de equidade e atención universal que debería ter esa sanidade pública que empeza ser unha triste sombra do que foi e que a miúdo funciona grazas o esforzo, á adicación e ó compromiso público de moitos profesionais maltratados pola administración ou contratados nunha situación de precariedade impropia dunha sociedade xusta e moderna.

“Non quero ir á sanidade privada, pero non vou deixar que a miña filla empeore”

Marcos Argiz ten unha filla de catro anos que leva cinco meses agardando para ser operada no Hospital de Ourense (CHUO) dunha hernia inguinal bilateral. A nena superou hai catro meses o proceso preoperatorio e dende entón agarda, comunicándolle o centro á súa familia que “os chamarán nos vindeiros días”, unha resposta que se repite todas as semanas. Á dor e á incomodidade crecentes propias desta doenza, únese o feito de sufrila unha nena de tan curta idade, e únese tamén a incerteza polos prazos e a chegada dunha solución. Porén, o máis grave da situación é que non se trata dun caso illado. 

Dende CIG-Saúde o seu secretario comarcal, Fernando Rivas, confirma a situación. “É unha situación que vén de lonxe e distintas organizacións, sindicatos e SOS Sanidade Pública, levamos catro anos denunciando a falta de cobertura na atención pediátrica, mesmo cun informe do Valedor do Pobo apoiando as nosas demandas”, di. “Agora o tema agravouse porque quedamos sen cirurxiáns pediátricos. Había dous, un vaise xubilar e outro foi trasladado. E isto provoca que teñamos unha lista de espera que se vai incrementando mesmo nas consultas pediátricas”, subliña. “A solución parece que vai ser que veñan profesionais de Vigo para facerse cargo destes casos, pero aínda non temos confirmación”, engade.

O resto da información, nesta ligazón:

http://praza.gal/movementos-sociais/14119/non-quero-ir-a-sanidade-privada-pero-non-vou-deixar-que-a-mina-filla-empeore/
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s