DECLARACIÓN DA AGDSP ANTE A SATURACIÓN DOS HOSPITAIS GALEGOS POLO ABROCHO DA GRIPE.

logo agdspAnte a saturación dos servizos de urxencias en gran parte dos hospitais públicos galegos como consecuencia da epidemia de gripe desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar que:

1.- Acumular a pacientes nos corredores atenta contra a dignidade persoal das persoas doentes, ademais de agravar o sufrimento dos mesmos de xeito innecesario.

2.- Esta situación é a consecuencia dos recortes introducidos no SERGAS (coa escusa da crise) do 18,3% nos orzamentos, 447 camas, máis de 392 medicos/as en centros de saúde e 121 en hospitais e a paralización do Plan Mellora de AP que tenia previsto crear 66 novos centros de saúde e mellorar a súa capacidade resolutiva con novos recursos e equipamento

3.- A estes recortes habería que engadir a ausencia de Planificación: As epidemias de gripe son periódicas e estacionais e deberían obrigar aos servizos sanitarios a ter previstos recursos para facerlles fronte.

4.- É intolerable que os recortes dos servizos públicos para rescatar os bancos (en máis de 60.000 millóns de euros como denunciou o Tribunal de Contas) repercuta na saúde da cidadanía, especialmente dos enfermos crónicos e as persoas de maior idade (que curiosamente son bloque electoral do PP).

5.- Esiximos un Plan de Urxencia para abordar as deficiencias de recursos que inclúa a reposición de persoal, camas hospitalarias e centros de saúde, antes que a situación de deterioro sanitario sexa irreversible.

Non é a gripe, son  os recortes

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

12 de xaneiro do 2017

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s