PUBLICAMOS INFORME DA SITUACIÓN DA SANIDADE GALEGA NO 2016. Informe da AGDSP

SITUACIÓN SANIDADE GALEGA NO 2016

logo agdsp

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

1.- Mantenese a insuficiencia económica: O orzamento sanitario público baixou un 18.3% desde 2009, sendo a Atención Primaria  a mais prexudicada con un  22.3% fronte a un 0.2% da hospitalaria.

2.- Falta persoal: Desde o inicio da crise perdéronse 1.795 prazas na sanidade pública, 1.154 en AP e 641 nos hospitais: 513 prazas de médicos (392 en AP e 121  en hospitais), 184 prazas de enfermería hospitalaria e a 1.121 prazas de persoal non sanitario.

3.-Faltan camas: Pese a eliminarse 447 camas hospitalarias públicas este verán pecháronse máis de mil.

4.- Segue vixente o Real Decreto  16/2012 que deixou sen dereito a asistencia a inmigrantes ilegais, mozos e mozas ou que emigraron mais de tres meses fora don Estado.  O “Programa Galego de Protección Social e da Saúde Pública” e un parche que non resolve a vulneración do  dereito a  universalidade da asistencia.

5.- Prosegue o desmantelamento e  privatización dos servizos asistenciais:

  • O modelo de Colaboración Público-Privada  para construír o Novo Hospital de Vigo presenta innumerables deficiencia como consecuencia da redución de mais de 400 camas,  quirófanos (31.4%) , camas de UCI (25.5%) o Urxencias (55.5%), o Radioloxía (45%). A Xunta licitou a ampliación e xestión privada do hospital de Ourense (CHOU) favorecendo á empresa concesionaria –integrada por ACS, Indra e La Caixa-, en 41 millóns de euros. A ampliación do hospital do Salnés foi adxudicada á multinacional Cofely-Suez.
  • Renovouse o Concerto Singular co hospital privado Povisa de Vigo, que supón pagar un canon anual de 75 millóns de euros pola utilización de 403 camas, pese a ter menos recursos humanos e materiais  que os hospitais do SERGAS.
  • Mantense os problemas nos Servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no hospital de Lugo.
  • Segue paralizado o proxecto de creación de Hospital Único de Pontevedra
  • Continua o desmantelamento de servizos dos Hospitais Comarcais e das súas áreas sanitarias.
  • Soamente construíronse 6 dos 66 novos Centros de Atención Primaria previstos no Plan de Mellora
  • Mantense as Xerencias Integradas que someten a Atención Primaria as Xerencias Hospitalarias.
  • Privatizouse o Laboratorio Central de Galicia, adxudicado a multinacional UNILABs, o que pon en perigo os laboratorios dos hospitais públicos, que poderán pechar progresivamente como en Vigo
  • Mantense a empresa Galaria S.A., incumprindo o compromiso de integrar os servizos de  Radioterapia, a Medicina Núclear/PET e a Resonancia Magnética na sanidade pública.
  • Mantense o Socio Tecnolóxico polo que as mesmas empresas que fabrican os aparellos tecnolóxicos controlan os equipos que deben adquirir os hospitais, fixan o seu prezo e deciden onde se ubican.
  • Os Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do Sergas (acollidos ao modelo empresarial, coa participación das multinacionais farmacéuticas) seguen controlando e dirixindo a investigación sanitaria, coa axuda da chamada  Compra Pública Innovadora que impulsa a innovación financiando a investigación empresarial e a compra dos bens e servizos resultantes, que reserva os resultados da I+D financiada publicamente as empresas privadas.
  • Mantense a Lei de Racionalización do Sector Público que legalizou o patrocinio privado de todos os Servizos do SERGAS, mentres que “A Axencia de Docencia, Formación, Investigación, Innovación e Avaliación de Tecnoloxías e Servizos Sanitarios” e da “Axencia Galega de Sangue e Tecidos” mantén aos profesionais do sistema público fora do control da docencia e da avaliación das tecnoloxías.
  • Prosegue o deterioro da Saúde Mental como consecuencia da paralización do Plan Estratéxico de Saúde Mental Galicia 2006-2011.
  • Unicamente tres hospitais públicos ofertan   a Interrupción Voluntaria do Embarazo polo que a maioría das mulleres ten que trasladarse a centos privados en Madrid con risco para a súa saúde.   Ningún dos 10 Centros de Planificación Familiar  mantén unha atención integral e de calidade, debido aos recortes de persoal e a potenciación da atención privada.
  • Segue deteriorándose a Atención as Drogodependencias: Polas reducións das axudas a atención xurídica e penal das persoas en risco de exclusión social; ao financiamento dos Equipos de Prevención dás drogo-dependencias;  e os convenios con as Comunidades Terapéuticas, cos Centros de Atención a Drogodependentes e do Alcoholismo.

6.- As listas de espera seguen elevadas e manténdose ocultas as non estruturais (deixáronse de publicar trimestralmente e só ofrecen datos dos dous últimos anos, para evitar comparacións).

7.- Mantense privatizados os Servizos Estratéxicos do Sergas (en mans de empresas multinacionais e fondos de inversión)  

  • Servizo de ambulancias
  • Historia clínica electrónica (Ianus): concedida a Indra (xestiona os datos sanitarios da poboación).
  • Telecomunicacións, cedidas a Telefónica.
  • A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por un directivo que provén da auditora Deloitte.
  • O teléfono de cita previa, tamén en mans de Netaccede.
  • O servizo de subministro e loxística  cedido a Severiano Servicio Móvil
  • O mantemento dos equipos sanitarios adxudicado á Ibérica de Mantenimiento SA.
  • A xestion da limpeza e enerxía entregada ao Grupo Norte
  • O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, do fondo de inversion Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE e imputado no caso Bankia).
  • Os servizos de protección radiolóxica cedidos a General Electric, empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade.
  • As contratacións públicas do Sergas. Transferidas a Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que xestionan tamén a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica.

9.- As Unidades de Xestión Clínica (UXC): o próximo paso cara a privatización do Sistema sanitario público que pretenden converter os servizos de AP e Hospitais en empresas autonomas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s