A PLATAFORMA INICIA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS POLA SITUACIÓN DAS URXENCIAS DO CHUOu

LOGO2 SOS.jpg Ourense

Nota de Prensa.

Recollidada de Sinaturas pola situación das Urxencias do CHUOu.

 

Dende vai anos, esta Plataforma ven denunciando a situación que se produce a cotio,e nalgúns días con moito máis intensidade, na atención aos pacientes que acuden ao Servizo de Urxencias do Hospital de Ourense. Nas últimas semanas as denuncias de traballadores e usuarios teñen sido unha constante e a resposta por parte dos Administradores da Sanidade Púbica de Ourense, ten sido de novo o “negar a maior”, pero as cousas son tan evidentes que por moita insistencia e comunicado de prensa que se envie aos medios, a cidadanía coñece moi ben o que acontece nese Servizo.

Consideramos que os feitos acadan, niveis de moita gravidade e polo tanto podese estar atentando contra os dereitos básicos das persoas que precisan atención sanitaria. Entendemos que agardar unha media de entre sete ou nove horas para ser atendido, non é razoable. Entendemos que permanecer agardando por unha cama en salas onde os pacientes, están amoreados, ou en pasillos onde os profesionais traballan en condicións técnicas e laborais moi precarias, onde non se pode respetar a intimidade, etc non se corresponde cun hospital do século XXI e que pretenden “publicitarse”, como pioneiro en “tecnoloxías punta” de Europa.

Non queremos fomentar alarmismos, nen desacreditar ao noso Sistema Público de Saúde, pois pensamos que son os xestores do mesmo, os que levan anos tentanto metelo nunha deriva de recortes, de falla de inversións, de privatizacións, etc de tal maneira que parece que están a traballar para que os usuarios se busquen camiños alternativos de atención, mediante a contratación de seguros privados ou polizas con hospitais e centros sanitarios fora do sistema público xa que cando precisan atención, o sistema público, causalles desconfianza, maltrato e ineficiencia, provocando sensancións de inseguridade e falla de calidade.

A Plataforma, ten feito propostas e consideracións sobre como traballar para mellorar e minorar a situación que pasa nas Urxencias do Hospital. Temos presentado iniciativas aos diferentes partidos que se teñen presentado as eleccións. Pero os que xestionan a Sanidade Pública: pechan camas, reducen persoal, non invisten na Atención Primaria, non se pontencia a capacidade resolutiva da urxencia nos PACs, non se desenvolve a Atención Domiciliaria, descapitalizan a lei de dependencia, seguimos con infraestructuras moi obsoletas, etc. Polo tanto queremos que a cidadanía de Ourense poda manifestar o seu rexeitamento a esta “crónica” situación e para elo escomenzamos unha campaña de recollida de sinaturas a partir do vindeiro mercores día 30 de Novembro na rúa do Paseo a partir das 18 horas.

Estás sinaturas serán remitidas ao Conselleiro de Sanidade como máxima autoridade da Xunta de Galicia dirixida polo Sr. Feijóo en materia sanitaria para que tome dunha vez por todas as medidas necesarias para encamiñar a solución desta problemática.

Ourense, Novembro do 2016.-

PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s