Recuperar a sanidade pública galega tralas eleccións. Artigo da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

logo agdsp

Recuperar a sanidade pública galega tralas eleccións

A saúde é un dereito e non debe converterse nun negocio. As medidas aplicadas polos gobernos do PP, a nivel central e autonómico, foron en sentido contrario. Son decisións políticas baseadas nunha ideoloxía clasista (excluínte) que entende a actividade asistencial como un nicho de negocio. Cómpre garantir a atención sanitaria como un dereito da cidadanía. Agardamos que das eleccións do próximo 25 de setembro xurda un goberno progresista que poña fin ás políticas de desmantelamento do sistema público que está a aplicar o PP. Para iso propoñemos que desde o goberno de Galicia se apliquen as seguintes medidas.

1.       Suspender en Galicia a aplicación do RDL 16/2102 volvendo a unha Sanidade universal, eliminando os copagos e garantindo unha Carteira de Servizos única e equitativa para toda a cidadanía.

2. Recuperación do financiamento sanitario público aos niveis do inicio da crise Esta medida terá que ir acompañada da renegociación co Estado do modelo de financiamento sanitario e de medidas de racionalización do gasto en farmacia, alta tecnoloxía, privatizacións e concertos.

3. Recuperación para o Sistema Público Galego dos centros e servizos asistenciais privatizados (novo hospital de Vigo e Laboratorio Central de Galicia) mediante un plan a curto, medio e longo prazo, que inclúa unha auditoría dos contratos e concesións co sector privado, denuncias legais das irregularidades detectadas e establecer estratexias de negociación.

4. Recuperar a titularidade pública do Sistema Información Sanitaria do SERGAS (Historia Clínica, Receita Electrónicas e Central de Chamadas). Facilitar que os profesionais do sistema sanitario público accedan á información que xeran coa prohibición do acceso aos mesmos polos centros privados, salvo no caso das actividades concertadas (con carácter complementario). Obrigatoriedade de que todos os centros e servizos realicen anualmente memorias sobre os seus recursos e actividades.

5. Acabar coa figura do “socio tecnolóxico” para adquirir o equipamento tecnolóxico, e cos Institutos de Investigación Biomédica acolleitos ao modelo de colaboración público privada e controlados pola industria farmacéutica. Creación dun fondo público de investigación biomédica que reciba como mínimo o 1% do orzamento sanitario e que sexa de xestión pública sen participación privada.

6. Recuperar o nivel de emprego no SNS, mediante un plan que inclúa un diagnóstico de necesidades do sistema, estableza prioridades e acabe coa precariedade laboral. Acabar coa amortización de prazas por xubilación.

7. Elaborar un plan integral para afrontar a situación das listas de espera desde a Sanidade Pública mediante a ampliación das camas hospitalarias, utilización plena dos centros hospitalarios, políticas de persoal incentivadoras, mellora da capacidade resolutiva da Atención Primaria, dotación de recursos adecuados aos Servizos de Urxencias extrahospitalarios e esixencia da dedicación exclusiva dos traballadores sanitarios.

8. Recuperar o Plan de Mellora da Atención Primaria que a poña no centro do sistema e potencie a súa capacidade resolutiva dotándoa do persoal, equipamento e acceso aos recursos diagnósticos necesarios para garantir as políticas de promoción e prevención de saúde e unha asistencia de calidade.

9. Suprimir as  Unidades de Xestión Integrada e recuperar as Xerencias de Atención Primaria.

10. Potenciar as Áreas Sanitarias como espazos para a coordinación de niveis e servizos asistenciais e coa Sanidade Pública. Reintegrar aos hospitais comarcais os recursos e servizos que perderon nos últimos anos.

11. Obrigatoriedade de elaborar un Plan Galego de Saúde cuatrienal que oriente a política da Consellería de Sanidade e do SERGAS complementado por Plans de Saúde en cada Área Sanitaria que definan os recursos necesarios, os programas e actividades a desenvolver por centros e servizos, en función das súas necesidades e problemas de saúde detectados coa participación da poboación e dos traballadores sanitarios.

12. Acabar coa libre designación dos cargos de xestión dos centros sanitarios mediante a cobertura das prazas por concursos públicos de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, con avaliacións do desempeño.

13. Acabar coa contratación lixo, desenvolver incentivos baseados na calidade asistencial, transparentes e con control democrático e recuperar os dereitos laborais eliminados polo PP.

14. Garantir a formación continuada de todos os traballadores sanitarios de xeito independente e con contidos fundados na medicina baseada na evidencia sen presenza da industria farmacéutica.

15. Desenvolver en todos os niveis e centros do sistema instrumentos e mecanismos para favorecer a participación social e profesional.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s