COLABORACIÓN PARA CONSEGUIR A REVERSIÓN DO HOSPITAL DE VIGO AO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE

PRECISASE COLABORACIÓN ECONÓMICA PARA CONSEGUIR A REVERSIÓN DO HOSPITAL ALVARO CUNQUEIRO DE VIGO AO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE

Estimados amigos e amigas, como sabedes a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública presentou o pasado día 2 de setembro unha denuncia ante a Comisión Europea contra a adxudicación do Novo Hospital de Vigo pola Xunta de Galicia utilizando a fórmula de Financiamento Público Privada en base a catro feitos:

1.- A utilización fraudulenta da figura legal de Concesión de Obra Pública en lugar da de Colaboración Público Privada,

2.- Os recortes no Proxecto Funcional destinados a para abaratar os custos á empresa adxudicataria que contraveñen os criterios da Comisión Europea para contratos de Colaboración Público Privada

3. – Vulneración do risco de financiamento, que por contrato corría a cargo da Concesionaria, foi cuberto no seu maior parte polo SERGAS cun crédito do Banco europeo de Investimentos

4.- Incumprimento da lexislación da UE para ocultar o endebedamento público da CCAA de Galicia.

A Comisión Europea admitiu a demanda e abriu un proceso de investigación que pode acabar na apertura dun procedemento de infracción, a esixencia de reparar a legalidade vulnerada e o recate da concesión polo Sistema.

A pesar do esforzo realizado pola AGDSP non fomos capaces aínda de facer fronte aos gastos legais desta denuncia, polo que solicitamos ás organizacións que conforman as Plataformas SOS de Galicia e a aquelas persoas que están en contra da privatización da sanidade pública galega unha axuda económica para facer fronte a estes gastos, coa apertura dun crowdfunding onde se poden facer efectivas por internet.

Achegamos a forma para iso

Un cordial saúdo

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s