BADALADAS EN PREVENCIÓN DO SUICIDIO EN OURENSE

 LOGO2 SOS.jpg OurenseMGSM

NOTA DE PRENSA

ASUNTO:  Badaladas en Prevención do Suicidio. Concentración en Ourense

Ao longo deste ano e impulsado polo Movemento Galego de Saúde Mental levase desenvolvendo unha campaña a prol dun Plan Galego de Prevención do Suicidio en Galicia a esta campaña levanse sumando diferentes colectivos e organizacións e ten sido apoiada polas diferentes Plataformas de SOS Sanidade Pública de Galicia.

Dentro dos diferentes actos para denunciar e achegar ante a opinión pública iste grave problema que no noso país nos fala do escalofriante dato dunha media dun suicidio diario estanse desenvolvendo unha campaña que baixo o lema de “Badaladas pola Prevención do Suicidio”  consiste en convocar a cidadanía a concentrarse a unha hora determinada e gardar un minuto de silenzo.

Tódolos dias o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), ás 8 da tarde na Praza de Praterias en Compostela realiza un acto que forma parte da campaña Badaladas pola prevención do suicidio. As badaladas comezaron o  dia 3 de maio e aínda seguen tódolos dias. Con cada badalada, cada dia, quere lembrarse que unha persoa morreu por suicidio en Galicia, e que ainda non se fixo nada dende a Xunta para cumprir coa orientación da OMS de desenvolver unha estratexia de prevención. O día 30 de Xuño o número de persoas suicidadas será de 181.

En Ourense tanto  a Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública como o Movemento Galego de Saúde Mental así como outras organizacións como o Sindicato Unificado da Policía (SUP) convocamos a veciñanza de Ourense a concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 30 de Xuño as 20 horas diante dos Xardíns do Padre Feijóo no que será a badalada 181 deste ano.

Con iste acto, ademáis de amosar a nosa solidariedade coas persoas e familias afectadas por iste problema, queremos tamén facer un chamamento a:

  • Elaboración dun Plan Galego sobre o Suicidio de carácter multisectorial, dotado dos recursos necesarios para afrontar a gravidade do problema e  artellado no Plan de Saúde Mental de Galicia.
  • Que se constitua un Comité Técnico para elaborar dito Plan.
  • Creación de Comisións Clínico-Asistenciais en cada Xerencia de Área de carácter  multiprofesional e multisectorial destinadas a coñecer e estudar a realidade do suicido nesas zonas e propostas de intervención

Como medidas de caracter máis inmediato, vemos necesario:

  • Que tanto Conselleria de Sanidade como o SERGAS  promovan actividades informativas, en colaboración cos medios de comunicación, destinadas a poboación  sobre o suicidio para sensibilizar e  desestigmatizar o problema.
  • Incrementar o nivel coñecemento dos profesionais de Atención Primaria de Saúde sobre o problema e mellorar a súa capacidade para avaliar o risco e poder realizar as actuacións preventivas axeitadas.
  • Por en marcha protocolos específicos de atención a persoas con conducta suicida e a afectados por suicidio consumado.
  • Facilitar con carácter prioritario  o acceso a recursos asistenciais as persoas en risco, incrementar o seguimento, e intensificar a atención sanitaria e social das mesmas.

Ourense a 28 de Xuño do 2016

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s