Fraudes, complicidades e denuncias. Artigo de Pablo Vaamonde sobre os “negocios” na adxudicación do Hospital Alvaro Cunqueiro

HOSPITALA VIGO

Fraudes, complicidades e denuncias

A polémica do Hospital Álvaro Cunqueiro: relato cronolóxico (IV)

Cando o ano 2015 estaba a piques de rematar enterámonos de que Ocasa, empresa construtora que formaba parte, nos inicios, da UTE responsable da construción e xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), debe a Facenda case quince millóns de euros. Na lista de morosos, feita pública polo Ministerio, figura esta empresa ourensá, que tiña o dez por cento de participación na concesionaria, que tivo que vender ao resto da UTE, ante as presións da Xunta, por entender que podía “intoxicar” o financiamento da infraestrutura debido á súa delicada saúde contable. 

Non é a primeira vez que esta empresa é sinalada pola súa actuación fraudulenta. Xa en 2011 Competencia sancionou cunha multa de oito millóns de euros a cinco empresas galegas, entre as que estaba Ocasa, despois de investigar unha rede coñecida como “o cartel do asfalto”. Foron acusadas de acordar ofertas á baixa en concursos públicos para presentar licitacións ás Administracións públicas como empresas que competían entre si, aínda que na realidade tiñan un pacto para repartirse os contratos. Esta forma de proceder, tan pouco edificante, é, por desgraza, moi frecuente no mundo da construción.

Pero non só as empresas teñen unha actuación impropia e fraudulenta. Tamén a Administración, neste caso, realizou actuacións cómplices que son, cando menos, moi dubidosas en canto á súa legalidade. Ben sabemos que a contratación de obra pública debe someterse ás disposicións do Tratado da UE. As normas europeas son moi estritas no que respecta ao uso dos seus fondos, sobre todo na posible utilización privada dos mesmos. Xa contamos que a UTE encargada de construír o novo hospital de Vigo non foi quen de conseguir financiamento pois as entidades bancarias tiñan serias dúbidas sobre o proxecto. Neste caso a UTE recibiu axuda do propio goberno de Núñez Feijoo, que recorreu a un préstamo do Banco Europeo de Investimentos. As empresas afectadas, que integran a UTE, son Acciona, Puentes e Calzadas, Veolia e Concessia. A metade do financiamento para as obras veu do sector público, pois ao crédito do BEI hai que sumar o préstamo de 30 millóns outorgado por Axis, xestora de capital risco participada integramente polo Instituto de Crédito Oficial (ICO).

O resto do artigo, nesta ligazón:

http://tinyurl.com/zks9sf7
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s