Médicos do Mundo denuncia a existencia de “vulneracións do dereito á saúde” en Galicia

Médicos do Mundo denuncia a existencia de “vulneracións do dereito á saúde” en Galicia

Médicos do Mundo denunciou este mércores, na Praza do Obradoiro, a existencia de casos de “vulneracións do dereito á saúde” en Galicia. Así o explicou aos medios Brais Barcia, de Médicos do Mundo, quen tamén explicou que a Rede de Denuncia e Resistencia ao Real Decreto Lei 16/2012 reuniu, entre agosto de 2015 e marzo deste ano, un total de “541 casos de vulneracións do dereito á saúde” no territorio español.

En concreto, esta cifra sumar, resaltou Brais Barcia, aos 21.500 casos documentados” no informe anterior elaborado por esta plataforma.

Así mesmo, indicou que as “barreiras administrativas” e a “falta de información” suman “máis da metade das incidencias”, seguidas pola “emisión de facturas por atención nos servizos de urxencia”. De igual modo, precisou que a maioría dos casos se producen nos “centros de saúde”, nos “hospitais” e nas “oficinas do Instituto Nacional da Seguridade Social”, por esta orde.

Os datos, recollidos polas organizacións que integran a rede, inclúen “incumprimentos” da propia normativa, como demostran os “36 casos de nenos e nenas a quen se lles denegou o cartón sanitario”, as “47 incidencias en urxencias” e as “28 mulleres embarazadas” que “non conseguiron acceso a tratamento ou seguimento da súa xestación”, segundo precisou Brais Barcia.

Así mesmo, sinalou que quen sofren os efectos desta norma proceden de países latinoamericanos (49%), comunitarios (22%) e subsaharianos (13%).

“Catro anos despois da aprobación da reforma que finalizou coa sanidade universal en España, o problema segue sendo a vixencia desta norma arbitraria e inxusta”, subliñou.

Así mesmo, Brais Barcia resaltou a “soidade” do Partido Popular “defendendo a exclusión sanitaria”.

Varios concelleiros do Concello de Santiago dos grupos municipais de Compostela Aberta, PSdeG e BNG sumáronse á concentración, diante do Pazo de Raxoi, convocada por Médicos do Mundo en Galicia baixo a lema ‘Cidades pola sanidade universal’.

O resto da nova, nesta ligazón:

http://tinyurl.com/zkn2h3a
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s