SOS Sanidade advirte que aumentarán as listas de espera por falla de profesionais

MEDICOS CORUÑA

SOS Sanidade advirte que aumentarán as listas de espera por falla de profesionais

A plataforma SOS Sanidade Pública advirte do empeoramento da calidade asistencial nos hospitais públicos galegos pola falla de profesionais. “Desde 2010 a taxa de reposición dos traballadores que se xubilan no Sergas é do 10%”, advirte. Por iso, aseguran que “coa falta de profesionais”, a Consellería de Sanidade “será incapaz de cumprir os máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días nas consultas”.
“Este obxectivo está dirixido a dar unha maior participación á sanidade privada; privatizan a sanidade pola vía indirecta”, denuncia ao tempo que apunta que se os “pacientes renuncian a ser atendidos nun centro privado da súa área sanitaria ou doutra, perderían o dereito a que se lles aplicasen os tempos máximos de espera”.
Segundo denunciou a plataforma, a Lei 12/2013 de Garantías de Prestacións Sanitarias “só beneficia á sanidade privada“, que “financiada con diñeiro público, estará no mesmo plano que a pública”. Por iso, considerou que “o único obxectivo” deste texto legal é que “as empresas privadas se lucren con diñeiro público”. “Non é unha boa xestión do diñeiro público derivar pacientes á sanidade privada mentres hai camas pechadas, quirófanos inutilizados ou servizos de radioloxía pechados polas tardes”, sinala.
 A través dun comunicado, anima aos pacientes a facer reclamacións mediante un escrito dirixido á Xerencia de Xestión Integrada no que aquelas persoas que necesiten unha intervención demanden ser incorporados á lista de Intervencións Cirúrxicas

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/24438-sos-sanidade-advirte-aumentaran-listas-espera-falla-profesionais

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s