AS NOVAS SANITARIAS: Urxencias, abortos, hospital Alvaro Cunqueiro.

“O colapso en Urxencias é consecuencia das carencias en Atención Primaria”

O pasado venres persoal sanitario da área de Compostela denunciaba a situación de “colapso” que se estaba a producir no servizo de Urxencias do Hospital Clínico (CHUS), unha situación que se repetía no Hospital do Barbanza. CIG-Saúde responsabilizaba da situación á “total falta de previsión e organización por parte da xerencia e dirección de enfermería desta área” e criticaban “a falta de recursos humanos”. O día 11, por exemplo, pasaran polas Urxencias do CHUS un total de 355 pacientes, con outros 23 pendentes de ingreso. As salas estaban completamente ateigadas e varios das persoas atendidas ocupaban mesmo os corredores do centro. No Hospital do Barbanza ingresaran en Urxencias un total de 111 persoas (e estaban pendentes outras 18), uns datos semellantes aos dos días anteriores.

O resto da nova aquí:

http://praza.gal/movementos-sociais/11204/o-colapso-en-urxencias-e-consecuencia-das-carencias-en-atencion-primaria/

Mobilización polos abortos sen asistencia médica na Coruña que xa recoñece o Sergas

“Neste hospital, as mulleres soas teñen que abortar”; “unha cuña non é un paritorio” ou “que cese a tortura no Materno da Coruña”. Con estas e outras consignas, medio cento de persoas concentrouse ante o rexistro do CHUAC para protestar pola situación que sufriron e sofren as mulleres que se ven obrigadas a abortos terapéuticos pasadas as 14 semanas de xestación e non teñen garantida a asistencia necesaria, nin a duha matrona nin a do persoal médico axeitado ou que mesmo deben expulsar o feto en solitario nun baño. 

O resto da nova, aquí:

http://praza.gal/movementos-sociais/11211/mobilizacion-polos-abortos-sen-asistencia-medica-na-coruna-que-xa-reconece-o-sergas/

Gestantes de tres meses abortan solas en el hospital de A Coruña

El centro de planificación municipal denuncia que no se cumplen los protocolos internacionales

O resto da nova, aquí:

http://politica.elpais.com/politica/2016/02/17/actualidad/1455737230_163837.html

“É cuestión de vontade; é máis barato a asistencia axeitada aquí que pagar os abortos en Madrid”

Sergas e o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defenden o protocolo seguido nas interrupcións de embarazo en Galicia durante o segundo trimestre de xestación. Xustifican o proceder malia que segundo as denuncias de varias mulleres -e as da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto (PGDA)- cando menos na Coruña e en Ferrol non se garante a asistencia necesaria, nin a duha matrona nin a do persoal médico axeitado, ou mesmo deben expulsar o feto en solitario nun baño

O resto da nova, aquí:

http://praza.gal/movementos-sociais/11220/e-cuestion-de-vontade-e-mais-barato-a-asistencia-axeitada-aqui-que-pagar-os-abortos-en-madrid/

Médicos do Álvaro Cunqueiro lanzan unha “alerta” ante os problemas do hospital

Critican o “cheque en branco” dos xefes de servizo á dirección, piden máis medios e “recuperar o prestixio da sanidade pública”

Un grupo de médicos, en representación de case 300 profesionais que asinaron un carta de denuncia, explicou que senten “decepcionados” por como está a funcionar o Álvaro Cunqueiro, e reclamou a dimisión do xerente, Félix Rubial, do que rexeitan a súa “actitude prepotente”. “Estamos realmente avergonzados da situación do HAC, e nós queremos que funcione”,

O resto da nova, aquí:

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/medicos-do-alvaro-cunqueiro-lanzan-unha-alerta-problemas-do-hospital/idEdicion-2016-02-20/idNoticia-981269/

Médicos critican que la lista de espera real del Chuvi dobla la oficial y es de 15.000 pacientes

Cifran la de Povisa en otras 7.000 personas -Casi 300 facultativos exigen en una carta la dimisión del gerente y lamentan los “problemas gravísimos” que padece el Cunqueiro

Médicos del Chuvi denuncian que la “lista de espera real” en los hospitales de Vigo dobla la divulgada por el Sergas, que la sitúa -según los datos a cierre de 2015- en algo más de 11.700 pacientes (7.354 del Chuvi y 4.388 de Povisa). Una representación de los casi 300 facultativos vigueses que firmaron la carta que -como avanzó FARO en exclusiva- critica “las carencias, ineficiencias y descoordinación” del hospital Álvaro Cunqueiro denunció ayer la “falta de transparencia” que impera en torno a la demora de las operaciones y aseguró que la “lista no estructural, la oculta”, supera con creces la oficial.

O resto da nova, aquí:

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/02/20/medicos-critican-lista-espera-real/1408188.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s