A GRAN DÉBEDA SANITARIA DO GOBERNO FEIJÓO. Nota da AGDSP

A FireShot Screen Capture #162 - 'O empeoramento da sanidade pública galega_ menos investimento, máis gasto cidadán - Praza Pública' - praza_gal_movementos-sociais_10110_o-empeoramento-da-sanidade-publica-ggran débeda sanitaria do goberno de Feijóo pon en risco a sanidade galega

Co plan de pago a provedores de Montoro sáldase, no ano 2012, a práctica totalidade da enorme débeda sanitaria que as CCAA acumularan nos primeiros anos da crise económica, que só en tecnoloxía sanitaria e medicamentos hospitalarios ascendía a 11.600 millóns de euros.

A este plan non se suman o País Vasco nin Navarra, cunha débeda relativamente escasa (88 millóns e 25 millóns respectivamente), nin tampouco Galicia, malia ter unha avultada débeda sanitaria de 458 M de euros, seguramente porque Feijóo quixo evitar o conseguinte control do Ministerio de Facenda sobre a Xunta.

De novo as facturas das CCAA volven acumularse, o que require  novos desembolsos estatais, debido a que as empresas sanitarias son “un saco sen fondo”. Así, entre xaneiro e outubro de 2015 orixínase unha débeda que roza os 8000 millóns de euros, a un ritmo mensual de 763.

Nese período a Xunta acumula unha débeda sanitaria de 368 millóns de euros, aos que haberá que sumar os máis de 500 de débeda anterior e os compromisos anuais das súas innecesarias e desastrosas privatizacións (72millóns/ano do canon do hospital de Vigo, 75 millóns/ano do concerto con Povisa e as custosas externalizacións de servizos sanitarios e non sanitarios)

A avultada débeda farmacéutica e tecnolóxica xerada en 2015 é especialmente preocupante, xa que reflicte o control da industria sobre as decisións do sistema sanitario.

A cesión da xestión da investigación pública do Sergas á industria farmacéutica e da xestión da alta tecnoloxía ás multinacionais tecnolóxicas, unido á rápida e continuada aprobación de fármacos a prezos cada vez máis estrambóticos para o mesmo proceso, incrementarán aínda máis a débeda sanitaria, o que levará a un círculo vicioso de novos recortes e privatizacións e á insostenibilidade do SNS.

Cada día é máis evidente a necesidade dun cambio de rumbo na política sanitaria e no goberno de Galicia

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

22 de xaneiro do 2016

Imágenes integradas 1

669704177

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s