O INCREMENTO DE SUICIDIOS RELACIONASE CO CRISE ECONÓMICA.Cada vez máis datos apuntan nese camiño

Investigadores da UDC acreditan a relación “moi significativa” entre suicidios e crise económica

“O incremento de suicidios é a punta do iceberg dun nivel de sufrimento moi elevado na sociedade”. O pasado 2014 o Movemento Galego da Saúde Mental advertía da importancia de que, en plena crise, as autoridades sanitarias priorizasen a atención ás enfermidades mentais e aos transtornos que, impulsados polos problemas económicos, podían derivar en suicidio. Estes profesionais incorporábanse así á controversia a respecto do tratamento do suicidio e sobre a conveniencia de abordalo ou non publicamente, máis aínda ligado á economía. Este debate terá de agora en diante un elemento máis de xuízo en clave científica, un estudo no que investigadores da Universidade da Coruña conclúen a existencia de vencellos “moi significativos” entre a crise e o aumento dos suicidios.

A prestixiosa revista científica The European Journal of Health Economics publicará proximamente o artigo Crisis, suicide and productivity losses in Spain, un estudo no que os investigadores Berta Rivera, Bruno Casal e Luis Currais, membros do grupo de investigación Macrosalud da Facultade de Economía e Empresa da UDC, atopan vínculos entre indicadores da economía española e os incrementos nas taxas de suicidios. Os autores estiman, ademais, o impacto na produtividade que estes “falecementos prematuros” tiveron no conxunto da socieade do Estado.

 

http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/10924/investigadores-da-udc-acreditan-a-relacion-moi-significativa-entre-suicidios-e-crise-economica/

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s