A DONACIÓN DE AMANCIO ORTEGA A SANIDADE PÚBLICA GALEGA. NOTA DE PRENSA DA AGDSP SOBRE ESTE TEMA

Amancio Ortega dona 17 millones para equipar la sanidad pública gallega

El magnate de Inditex pagará durante ocho años la renovación de equipamientos contra el cáncer de hospitales y centros de salud

http://tinyurl.com/oqu8zyu

NOTA DE PRENSA DA Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) SOBRE ESTA DONACIÓN DE AMANCIO ORTEGA A SANIDAD PÚBLICA GALEGA

 Ante a información de que a Fundación Amancio Ortega financiará con 17 millóns de euros a dotación de hospitais públicos con equipos tecnolóxicos desde a Asociación Galega para Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar:

1.- Que esta medida supón unha volta ao século pasado onde a ausencia dun sistema nacional de saúde, financiado con impostos ,precisaba da caridade e o altruísmo dos máis ricos para dotar os centros sanitarios

2.- Segundo responsables da Xunta esta xenerosidade supón ?unha mensaxe de esperanza para os enfermos de cancro?, o que supón que a Sanidade Galega non podía ata agora atendelos cos recursos que precisaban. Esta afirmación vén recoñecer que os recortes de recursos da sanidade galega (que superan os 450 millóns anuais desde o inicio da crise financeira e o rescate bancario) limitan a atención sanitaria e persoas con graves enfermidades.

4.- Queremos neste sentido recordar que a sanidade pública finánciase por impostos, que o actual goberno pretende rebaixar por motivos electorais. Os grandes capitais (entre os que se atopa INDITEX) beneficiáronse de importantes rebaixas impositivas, polo que mentres a poboación sofre unha presión fiscal do 20-30% os grandes capitais e empresas tributan por baixo do 8% ou do 1% si son SICAV).

5.- É inaceptable que o Goberno de Núñez Fejjoo pretenda afrontar a falta de recursos da sanidade pública recorrendo á caridade e altruísmo empresarial (que se beneficia das donacións con importantes rebaixas fiscais

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

23/10/215

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.