A FOLGA DO DÍA 13 NO CHUO SÓ TEN O RESPALDO DOS SINDICATOS MÉDICOS CORPORATIVOS.

SOBRE A FOLGA DE FACULTATIVOS NO CHUOu DO DÍA 13 DE OUTUBRO


Os sindicatos CIG, CCOO, CSI-CSIF, SAE, SAGAP, SATSE e UXT , membros da Comisión de Centro do CHUOu, queren manifestar o seguinte en relación a folga de facultativos convocada polos sindicatos médicos CESM-OMEGA para o próximo día 13 de outubro neste centro:

-A folga foi convocada de maneira unilateral por parte dos devanditos sindicatos sin contar coa participación, información ou, cando menos, comunicación do resto dos sindicatos da Comisión de Centro do CHUOu;

-As reclamacións dos compañeiros médicos do CHUOu son plenamente suscritas por todos os representantes dos traballadores, xa que todos temos compañeiros médicos implicados no tema, teñennos informado das súas demandas e parecennos xustas e oportunas, enmarcads dentro do grave deterioro da sanidade pública na Área de Ourense dende que estamos baixo a Xerencia actual;

-A maneira de conducir o tema por parte de CESM-OMEGA, menospreciando a colaboración e traballo do resto dos representantes dos traballadores fainos sospeitar dun intento de monopolizar por parte deles unhas demandas que, repetimos, compartimos na súa máis grande parte;

  • A maioría dos sindicatos non convocantes da folga pensamos que existen motivos de abondo para plantexar unha folga no CHUOu de todolos colectivos, tal como vai suceder en Vigo o mesmo día 13 de setembro;


Polo tanto decidimos na reunión da Comisión de Centro do CHUOu celebrada o martes día 6 de outubro de 2015, a que non acudiu ningún representante dos sindicatos convocantes, CESM-OMEGA, non respaldar a folga convocada por estes

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s