NOTA DE SOS SANIDADE PÚBLICA DA CORUÑA EN APOIO DA MANIFESTACIÓN DE VIGO

NOTA DE PRENSA

sos
SOS SANIDADE PÚBLICA CORUÑA apoia a manifestación de Vigo convocada pola Xunta de Persoal para o mércores 3 de setembro.

Todo o que rodea a este novo hospital é escandaloso: licitación, concesión, financiamento, prazos de construción, entrega da obra, incluso a externalización da oficina técnica de control da obra a unha empresa privada chamada Efficientia Clinical Management, constituída ad hoc para a realización deste traballo e dirixida por Ana Sánchez, colaboradora da ministra Ana Pastor e experta privatizadora da sanidade madrileña.
O resultado agora é:
1. Un hospital sen laboratorio. Suprimiuse o proxectado laboratorio, para favorecer ao novo Laboratorio Central de Galicia, cedido á empresa Suiza UNILABS pola Xunta do PP (curiosamente á mesma multinacional que xestiona o laboratorio central madrileño).
2. Redución de servizos: Introducíronse importantes recortes no proxecto inicial (para abaratar gastos á Concesionaria Privada), reducindo o equipamento, as camas de hospitalización convencional nun 31,8%, os quirófanos nun 31,4%, o Servizo de Urxencias nun 55,5% e as salas de Radioloxía nun 45,7%, ademais do empeoramento na calidade dos materiais de construción e a perda da eficiencia enerxética (o que multiplicará os gastos de calefacción e aire acondicionado). Así o Hospital de Vigo deixou de ser Centro de Referencia en Servizos de Alta Tecnoloxía e Especialización para 300.000 persoas de Pontevedra, que pasaron a depender do Complexo Hospitalario de Santiago.
3. Múltiples deficiencias nas instalacións: Filtracións de auga, baixa calidade dos materiais, presenza de ratos,…
4. Caótico traslado do persoal do hospital xeral ao novo hospital
5. Contaminación microbiolóxica na zona de quirófanos que provocou a paralización dos traslados ao hospital
6. Aparcadoiro de pago: A cesión da xestión do aparcamento á UTE, ademais dunha importante perda económica para a sanidade pública galega, suporá que os enfermos e familiares usuarios do novo hospital queden afectados por un novo copago (pago por aparcar de case dous euros á hora) dada a inexistencia de espazos alternativos, a gran distancia do Centro e cos problemas para que o transporte público chegue a toda a área sanitaria.
7. …
Isto é unha ‘rapiña’, unha entrega planificada de recursos públicos a empresas privadas. Feijoo anulou o proxecto de hospital público de Vigo deseñado polo goberno anterior para seguir os plans dos gobernos do PP, sobre todo o madrileño, de privatizar a sanidade. Todo a costa dos recursos sanitarios públicos, a costa da saúde da cidadanía de Vigo, a costa da saúde de todos os galegos, xa que toda a poboación galega vai ter que cargar cos gastos desproporcionados do novo hospital de Vigo.
É preciso parar esta desfeita da sanidade pública deseñada e executada por Feijoo e o Partido Popular.
Queremos facer chegar ao pobo de Vigo a solidariedade daquelas persoas e organizacións que na Coruña loitamos pola defensa e mellora da Sanidade Pública.
SOS Sanidade Pública sumarase á convocatoria da Xunta de Persoal da Xerencia de A Coruña de realizar unha concentración mañá mércores 3 de setembro ás 11 horas na rotonda do Hospital de A Coruña.
Ramón Veras Castro (696394788), en representación da Plataforma en defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña SOS Sanidade Pública

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s