NOVAS SANITARIAS: Recortes en empregos en sanidade/educación. Sen citación no C.S. de Esgos. Reformada a Lei do Aborto

el-negocioysaludA Xunta recortou 3.000 empregos en educación e sanidade en cinco anos

O devalo sufrido nas eleccións municipais do 24M impulsou o PP galego nas últimas semanas a lanzar múltiplos anuncios en materia social, algúns deles destinados a parchear recortes que os propios populares aprobaron e aplicaron dende os gobernos galego e central. No mesmo sentido, por boca do seu xefe de filas e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a formación conservadora vénse gabando nos últimos meses dos “avances sociais” que, din, impulsaron nos seus mandatos. Alén das valoracións o certo é que os datos orzamentarios veñen contrastando dende hai tempo uns recortes sociais que tamén tiveron a súa tradución no persoal que achega estes servizos á cidadanía. Nomeadamente, no caso galego a sanidade e a educación perderon 3.000 profesionais nos últimos anos.

http://praza.gal/politica/9879/a-xunta-recortou-3000-empregos-en-educacion-e-sanidade-en-cinco-anos/

Las consultas del Centro de Saúde de Esgos se pautan en julio y agosto desde el de Maceda

Durante los meses de julio y agosto, las citas para el Centro de Saúde de Esgos se piden en el de Maceda. Lo denuncia el PSOE, que asegura que el de Esgos se ha quedado estos dos meses sin personal administrativo. Así que todas las mañanas llega a Esgos desde Maceda el fax que pauta las consultas del día

http://www.ourensedixital.com/_novas/15/07/16_04.htm

O Congreso español aproba a reforma da lei do aborto

Un embarazo non desexado só poderá ser interrompido no Estado español con autorización familiar para aquelas mulleres que teñan menos de 18 anos. Así o vén de aprobar o Congreso español esta quinta feira (16 de xullo) após o debate e votación da reforma presentada polo Partido Popular.

A votación final resultou con 186 SI, 136 NON e 4 ABSTENCIÓNS. A partir da súa entrada en vigor as mulleres de 16 e 18 anos deberán contar co consentimento familiar (nai, pai ou titor/a legal) para interromper voluntariamente a súa gravidez.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/congreso-espanol-aproba-reforma-da-lei-do-aborto/20150716183921039189.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s