INFORME DA AGDSP SOBRE O NOVO HOSPITAL DE VIGO: ” A XUNTA E A CONSELLERIA DE SANIDADE CASTIGAN A VIGO REDUCINDO DRÁSTICAMENTE OS RECURSOS PREVISTOS”

A XUNTA DE GALICIA E A CONSELLERIA DE SANIDADE CASTIGAN A VIGO REDUCINDO DRÁSTICAMENTE OS RECURSOS PREVISTOS

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Recórtanse drasticamente todas as áreas asistenciais do Novo Hospital de Vigo: As camas de hospitalización convencional redúcense nun 31,8%, os  Quirófanos nun 31,4%, o Servicio de Urxencias nun 55,5% menos,  as sas de Radioloxía nun 45,7% e desaparece proxectado Laboratorio Central.

Previstas Plan Funcional Reordenación definitiva Diferencia % de recorte
Camas de hospitalización 1.239 845 394 -31,8%
Quirófanos 35 24 11 -31,4%
Camas Coidados Intensivos (UCI) 60 45 15 -25%
Camas observación urxencias 72 32 40 -55,5%
Superficie Servizo  Urxencias 5.759 m2 4.291 m2 1.468 m2 -25,5%
Salas radioloxía 59 32 27 -45,7%

 No área pérdese un total de 517 camas, xa que os recortes afectan tamén aos hospitais do Meixoeiro e Nicolás Pena

Camas hospitalización Plan Funcional Reordenación definitiva Recorte Diferencia
Novo Hospital Valladares 1.239 845 394 31,8%
Hospital do Meixoeiro 418 347 71 17%
Hospital Nicolás Peña 120 68 52 43,3%
Totais 1.777 1.260 517 29%

 A Conselleria pretende confundir á opinión pública e aos profesionais mesturando  as camas de hospitalización con outros recursos asistenciais como dispositivos para reanimación, espertar, recuperación e observación de urxencias e hospital de día (cuxas reducións descoñecemos)

O Novo Hospital deixou de ser centro de referencia en importantes servizos: O Novo hospital perde servicios de referencia de Oncoloxía Radioterápica, Ciruxía Torácica, Neurociruxía, Ciruxía Plástica, Ciruxía pediátrica, cardioloxía intervencionista (unidades de hemodinámica) e Ciruxía Cardíaca. A referencia destes servicios para o Área Norte de Pontevedra están agora no Complexo Hospitalario de Santiago. POVISA mantén a referencia de Ciruxía Maxilofacial, Nervio Periférico e Queimados.

Os servizos centrais sofren unha importante merma: O Novo Hospital non terá Laboratorio Central que se substitúe por un laboratorio de urxencias o que supón unha redución de espazo de 7. 242 m2 a 3.739 m2. O laboratorio trasládase ao Meixoeiro onde non hai espazo nin medios para albergar un Laboratorio destas características. Obrígase a establecer un sistema de transporte de mostras entre o Novo Hospital e o Meixoeiro co conseguinte atraso nos resultados, risco de deterioro e perda de calidade e especialización. Redúcese a superficie dos Servizos de Diagnóstico por Imaxe nun 60% ,pasando de 4.405 m2 a 2.604 m2, mentres que as salas de radioloxía fano nun 45,7%, pasando de 59 a 32.

Recórtase drasticamente as Área de Urxencias (malia a conxestión que periodicamente afecta a este servizo): A superficie redúcese un 25,5% pasando de 5.759 m2 a 4.291 m2 e as 72 camas previstas de observación redúcense a 32 (55,5% menos)

Estes recortes súmanse aos xa adoptados polo Goberno de Núñez Feijoo sore o proxecto inicial que privan ao novo hospital do seu carácter estratéxico que o equiparaban aos Hospitais do Norte de Galicia (A Coruña e Santiago) como os módulos de  Docencia, Investigación e  Rehabilitación, o Hotel de Pacientes e 160 camas de Coidados Mínimos-Intermedios

Por último o SERGAS renovou o Convenio Singular co Hospital POVISA pese a que o Plan Funcional contemplaba a cancelación do Concerto Singular e a integración das súas camas no Novo Hospital. Este escandaloso concerto que pon a disposición do SERGAS 385 camas cun custo anual de 75 millóns de euros ao ano, mantén ademais en POVISA os servizos de referencia de Maxilofacial, Nervio Periférico e a Unidade de Queimados que se ían a situar no Novo Hospital. Tamen suprímiou os dous Centros de Alta Resolución previstos no Plan Funcional nos anexos do edificio do actual Hospital Xeral e en Ou Morrazo

Dende a nosa  Asociacion chamamos a cidadania,de Vigo e da sua área sanitaria, a  apoiar as mobilizacions convocadas pola Xunta de Persoal e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo,  contra a privatizacion e os recortos do Novo Hospital

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

8 de xullo do 2015

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s