OS DESPLOMES NO HOSPITAL DE OURENSE. OUTRO SINTOMA DA DEFICIENTE XESTIÓN QUE PADECEMOS

desplome

 Foto de “La Región”

Cando acontece un accidente ou unha catástrofe natural, moitas persoas tenden a pensar que as veces a vida nos xoga “malas pasadas” e hai cousas que son inevitables e que o número de vítimas ou o tamaño da desgracia ten que ver con factores máis ligados a “casualidade” (esa expresión tan nosa de “…estaba de ser”) que a cuestións relacionadas coa previsión, coa boa organización e planeamento.
O acontecido nestes días nalgunhas consultas do Hospital Santa Maria Nai non é produto de “meigallos”, de “fatalidades inevitables”, etc é o resultado dunha pésima xestión e dun abandono das nosas infraestruturas sanitarias. En Ourense levamos padecendo unha Administración Sanitaria que debería ter sido cesada vai moitos anos, teñen amosado a súa clara incompetencia para xestionar cun mínimo de eficacia e eficiencia as responsabilidades que se lle deberían supoñer a uns xestores preocupados e orientados cara a mellora da calidade dos servizos públicos e a calidade na atención e asistencia sanitaria.
As palabras anteriores veñen corroboradas por tódolos avisos e denuncias que esta Plataforma leva feito dende vai varios anos:

  • O atraso histórico que leva esta provincia na actualización e modernización das súas infraestruturas sanitarias tanto hospitalarias como de atención primaria.
  • Un atraso que obriga a manter en funcionamento edificios e estruturas como o Santa Maria Nai que debería estar derrubado dende vai varios anos, pero que ante a falta de pulo nas novas estruturas sigue a ser o “apaga lumes” a onde vai parar aquelo que debería estar a funcionar en lugares novos e dotados con dignidade.
  • O peche das camas de Piñor, que cada vez que se produce un colapso nas urxencias se visualiza o grave erro de ter prescindido de 75 camas.
  • A perda do Hospital e terreos de Toén como patrimonio público. ¿ pero pode alguén regalar 400.000 metros cadrados de terreos, sen ser cesado inmediatamente?.
  • A eliminación da cirúrxica urxente de pediatría, contra os informes e recomendacións do valedor do pobo. Esperemos que non haxa que lamentar, nunca, unha desgracia derivada desta organización.
  • A eliminación do servizo público de mantemento, transvasado a unha empresa privada e que cada día que pasa amosa claramente que non se están a aforrar cartos e que non ten maior capacidade resolutiva que o que estaba funcionando.
  • Os pasos para adiante e para atrás que se teñen dado na organización das Urxencias de Hospital, un claro reflexo da improvisación, da falla de ideas, dun nulo planeamento dese Servizo que parece ter servido soamente para que un familiar da Xerente acadase un posto de responsabilidade.
  • O peche de 200 camas, desorganizando servizos, traspasando profesionais dun lado para outro, aumentando as listas de espera, atrasando intervencións, probas diagnosticas e consultas, reducindo a contratación de persoal que repercute na precariedade laboral e no aumento do paro no sector sanitario.

Ten sido unha gran sorte que eses accidentes nas consultas teñan acontecido nun horario no que se evitou a presenza de profesionais ou pacientes e a cousa só quedase en desgracias materiais. Dende a Plataforma Sanitaria de Ourense consideramos que estas cousas non pasan por casualidades, reiteramos que isto é froito dun grave desgoberno e dun planeamento na xestión fundamentalmente orientado ao austericidio e non a resultados en saúde.
As persoas que teñen asumido a responsabilidade de colocar a estes xestores no nosa provincia, o Sr. Feijóo e a Sra Conselleira de Sanidade, deberían tamén asumir o fracaso desta xestión e facer conxugar o verbo “dimitir” ou “cesar” a estes responsables.

Revisión integral del Hospital Nai para evitar más desplomes

http://www.laregion.es/articulo/ourense/revision-integral-hospital-nai-evitar-mas-desplomes/20150701073048553162.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s