SOS SANIDADE PÚBLICA INFORMA SOBRE A DERIVACIÓN DE PACIENTES Á SANIDADE PRIVADA.

sanidad15enero

SOS SANIDADE PÚBLICA INFORMA SOBRE A DERIVACIÓN DE PACIENTES Á SANIDADE PRIVADA. UN PASO MAIS NA PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA.

Información e pasos a seguir pol@s doentes.

En xaneiro de 2014 o goberno do PP publica a Lei 12/2013, do 9 de decembro, de Garantías de Prestacións Sanitarias. Que pretende con esta lei? Dende SOS, queremos explicar a toda a cidadanía que a única beneficiada desta lei, vai ser a sanidade privada.
Qué pretende regular esta Lei de Garantías? Os tempos máximos, nos que os usuarios da Sanidade Pública serán atendidos? Pero onde serán atendidos: na Sanidade Pública ou na privada?. Estes son os prazos que recolle a Lei, cando os mellores datos que está a publicar a Consellaría de Sanidade son máis de 85 días para intervención cirúrxica:

60 días para intervencións cirúrxicas.
45 días para consultas externas.
45 días para probas diagnósticas e/ou terapéuticas.

Qué consecuencias vai ter esta Lei para a poboación? Que a sanidade privada, financiada con diñeiro público, estará no mesmo plano que a Sanidade Pública.

No artigo 4. Beneficiarios:
Trasponse nesta Lei o artigo 3 da Lei 16/2012, do 20 de abril (decreto de recortes e de copagos na sanidade). Este R-D consolida a perda do carácter universal do sistema sanitario público. Retira da prestación sanitaria ao persoal que non estea de alta na S.S. Anula o R-D 1682/1987 que afianzaba a universalidade da prestación sanitaria pola “acción protectora da S.S, pola acción tardía da incorporación ao mundo laboral, e pola incidencia da crise económica. Criterios de plena actualidade.

Artigo 5.- Fixación dos tempos máximos de acceso:

Desde o ano 2010 a taxa de reposición das/os traballadoras/es que se xubilan no SERGAS é do 10%. E dicir, de cada 10 vacantes que se producen só se cubre 1 praza. Coa falta de profesionais, a Consellaría de Sanidade será incapaz de cumprir, na Sanidade Pública, os prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días nas consultas. Este obxectivo está dirixido a dar unha maior participación á sanidade privada; privatizan a sanidade pola vía indirecta.
Os tempos máximos de espera deixa fóra destas prioridades os problemas de saúde que o doente ten na actualidade e só se refiren aos novos problemas de saúde.

Artigo 9.- Perda da garantía:

Coa redacción destes artigos, obrígase á persoa doente, a ser atendida na sanidade privada, privándolle do dereito a ser atendidos nun centro do Sistema Sanitario Público.
Se as/os doentes renuncian a seren atendidos/as nun centro privado da súa área sanitaria, ou de outra área sanitaria, perdería o dereito a que se lles aplicasen os tempos máximos de espera.
Cómo se pode penalizar a un doente, e non aplicarlle os criterios de gravidade, efectividade e oportunidade da atención sanitaria, por exercer o seu dereito a ser atendido no sistema Sanitario Público?
Qué vai pasar cos doentes que rexeiten a opción de seren atendidos nun centro sanitario privado? Estas/es ficarán excluídos/as do rexistro de tempos máximos, e pasarán a unha listaxes non estrutural na que ningúen se acordará deles?

POR QUÉ DENDE A PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA REXEITAMOS ESTA LEI?

Porque a Sanidade Pública é a única que garante que todas e todos recibamos a mesma asistencia sanitaria cando estamos enfermas/os.
Porque a Consellaría de Sanidade está a desmantelar a Sanidade Pública. Os datos que ofrece a propia consellaría, na Sanidade Pública, establece máis de 85 días para unha intervención cirúrxica.
Porque na Sanidade Pública debe primar o principio de calidade, universalidade, gratuidade e equidade, e non o do beneficio empresarial.
Porque non podemos consentir que destrúan a Sanidade Pública, encarecendo o custo sanitario, perdendo calidade, co único obxectivo de que as empresas privadas se lucren con cartos públicos.
Porque non é unha boa xestión do diñeiro público, derivar pacientes á sanidade privada, mentres nos hospitais públicos hai camas pechadas, quirófanos inutilizados, servizos de radioloxía pechados polas tardes…
Porque as complicacións que poidan xurdir, serán atendidas na Sanidade Pública, e será ésta, a que reparará as desfeitas.
Porque establece unha sanidade para ricos e outro para pobres. As persoas que dispoñan do diñeiro suficiente, poderán ser atendidos na sanidade privada, adiantando os cartos e o SERGAS, devolverallos, ao presentaren a factura.
Porque aos doentes crónicos e pluripatolóxicos, non lle van a aplicar estes tempos de asistencia. A sanidade privada rexeita a estas/os doentes, non son rendibles economicamente e o seu tempo de espera non conta.
En conclusión, porque a sanidade é un dereito universal non un negocio a repartir entre as/os amigas/os.

QUÉ PROPOÑEMOS FACER DENDE SOS, CANDO CHE OFERTEN REALIZAR UNHA PROBA COMPLEMENTARIA, OU UNHA INTERVENCIÓN CIRÚRXICA NA SANIDADE PRIVADA

Solicitar ser atendidos na Sanidade Pública. Mediante escrito dirixido as Xerencias de Xestión Integrada   (Anexo 1 para a Solicitude de Consulta Médica).
Exixir que se nos den as citas para as exploracións radiolóxicas e outras probas diagnósticas, non que se nos deixe no limbo, pendente de aviso. Si no nos dan cita, a solicitaremos por escrito a XXIS (Anexo 2: para solicitar Probas Diagnósticas).
Exixir mediante escrito dirixido as Xerencias de Xestión Integrada, que se nos incorpore a lista de Intervencións Cirúrxicas: Anexo 3.
Que os servizos sanitarios funcionen ininterrompidamente en quenda de maña e tarde.
Que non se continúe a suprimir postos de traballo na Sanidade Pública. Que os cadros de persoal se adapten ás necesidades sanitarias da poboación.
Que non se pechen as camas na Sanidade Pública.
Que non esten infrautilizados os quirófanos.
Porque a Sanidade Pública e servizo e a privada beneficio.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s