A SOBRECARGA DE TRABALLO DETERIORA A ATENCIÓN NAS RESIDENCIAS PÚBLICAS DE MAIORES

Aposentados-e-inflação-2

A SOBRECARGA DE TRABALLO DETERIORA A ATENCIÓN NAS RESIDENCIAS PÚBLICAS DE MAIORES

“Non podemos atender mellor porque o corpo está canso, non por falta de ganas”, denuncia unha traballadora

As traballadoras de Residencias Públicas de Maiores arrastran tres anos sen poder librar domingos nen festivos. No 2012, a Lei de Medidas para reducir o déficit público nas Administracións recortou diversos dereitos recollidos no V Convenio para Persoal Laboral da Xunta de Galiza inhabilitando, entre outros, o artigo 19 que outorgaba o 75 por cento das horas realizadas en compensación por traballar domingos e festivos. Isto implica unha perda de entre 20 e 30 días de descanso cada ano e deixa aberta a posibilidade de traballar varios domingos seguidos.

“A supresión do artigo 19 fíxose baixo a promesa de que, aos dous anos, volvería a reactivarse pero iso xamais pasou”, indica Fátima Veiga, traballadora do Centro de Volta do Castro, que nunha entrevista no Novas de Galiza acusou á Xunta de precarizar o servizo de Residencias a Maiores para facilitar a súa privatización.

A traballadora sostén que non teñen guindastres suficientes, escasean os pañais, as sábanas e as toallas teñen remendos “como na posguerra” e mesmo non se fan contratacións para cubrir os días de asuntos propios. Ante a falta de recursos materiais e a reducción de dereitos laborais, as traballadoras síntense incapaces de poder ofrecer a mesma atención ás persoas que coidan. “Non podemos atender mellor porque o corpo está canso, non por falta de ganas”. Esta situación, para Veiga, converte as coidadoras de Residencias Públicas de Maiores nas “novas escravas da Xunta de Galiza” tendo como “único obxetivo deixar que os servizos públicos sexan insostibles para dar a xestión a unha empresa externa amiga”.

As traballadoras ven na reforma laboral a ferramenta culpable da precarización xa que posibilita os despidos por causas obxetivas ou relacionadas coa produtividade.

http://temposdixital.com/td/sociedade/05/a-sobrecarga-de-traballo-deteriora-a-atencion-nas-residencias-publicas-de-maiores/

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s