O 24 DE MAIO HAI QUE VOTAR POLA SANIDADE PÚBLICA

Desde vai anos estamos vivindo un proceso de recortes, deterioro, desmantelamento e privatización da Sanidade Pública que esta  poñendo en serio risco ao Sistema Sanitario Público en Galicia.

A nosa Sanidade Pública atópase nunha situación crítica e en pouco tempo de seguir por este camiño vaise a cuestionar a súa propia supervivencia como servizo público sanitario de calidade.

Para evitalo habería que facer moitas cousas, pero sobre todo adoptar 4 medidas claves:

1.-  Garantir a atención sanitaria a todas as persoas. O que supón incluír á poboación inmigrante non regularizada na atención sanitaria pública, así como aos demais excluídos polo RDL 16/2012 e retirar os copagos establecidos no mesmo. Precísase ademais un financiamento suficiente da Sanidade Pública e unha asignación finalista da mesma para corrixir as desigualdades en atención sanitaria.

2.- Recuperar os recursos do sistema sanitario público, incrementando o persoal ata alcanzar os niveis de 2009, para favorecer unha utilización intensiva dos recursos sanitarios públicos paralizando as derivaciones sistemáticas cara ao sector privado. Hai que aumentar o número de camas hospitalarias e os recursos de Atención Primaria.

3.-  Paralizar o desmantelamento  da sanidade pública e recuperar o privatizado. Acabar coas privatizacións  encubertas (derivacións, unidades de xestión clínica, etc) e facer un Plan para Recuperar o Privatizado de xeito paulatino ao longo de toda a lexislatura. Así mesmo separar nítidamente a Sanidade Pública do sector privado coa  dedicación exclusiva dos profesionais.

4.- Derogar  o RDL 16/2012, a Lei 15/97 e demais leis privatizadoras ,  por en vigor os mecanismos de participación social e profesional, garantir o desenvolvemento da saúde pública, e o controlar o gasto farmacéutico e a sobreutilización das probas tecnolóxicas.

Por iso, é fundamental o resultado das próximas eleccións autonómicas, porque se vai a decidir nelas si culmina o proceso de desmantelamento da Sanidade Pública ou si prodúcese un cambio de rumbo que supoña a recuperación dun sistema sanitario público de calidade e do dereito á atención sanitaria para toda a poboación.

En consecuencia, chamamos aos traballadores da Sanidade e á cidadanía a votar masivamente ás candidaturas comprometidas coa Sanidade Pública, e a botar dos gobernos autonómicos e municipais a quen foron os responsables dos recortes e a privatización sanitaria.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

19 de maio de 2015

Imágenes integradas 1

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s