OS RECORTES SANITARIOS MATAN. Nota de Prensa Mobilización 19 de Marzo en Ourense

LOGO2 SOS.jpg Ourense

O 19 de Marzo as Plataformas pola Mellora e Defensa da Sanidade Pública de Galicia agrupadas en SOS Sanidade Pública convocamos actos de mobilización contra os recortes que atentan a saúde e benestar das persoas baixo o lema de:

OS RECORTES SANITARIOS MATAN

As políticas de recortes da Xunta están tendo un efecto devastador para a atención sanitaria pública galega pois levan aparellada a penetración no sistema de empresas privadas, fondos de inversións e multinacionaias sanitarias.
Unha estratexia que responde a ideoloxía neoliberal do Goberno Popular (PP) que entende a atención sanitaria como un “negocio privado”
Os recortes no gasto público e as cada vez maiores transferencias de fondos públicos a mans privadas, deixan tan só un 7,1% do orzamento sanitario para o funcionamento dos hospitais e centros de saúde públicos
Podermos suliñar as seguintes medidas levadas adiante pola Conselleria de Sanidade :

  • Recortes do 12% nos orzamentos sanitarios públicos (460 millóns de euros)
  • Reducción de 2.094 traballadores sanitarios
  • Peche de máis de 275 camas hospitalarias
  • Abandono e marxinación dos Servizos de Atención Primaria
  • Privatización de hospitais: Construcción e xestión do Novo Hospital de Vigo, Complexo Hospitalario de Ourense, …
  • Renovación escandalosa do Concerto Singular co hospital privado POVISA, contra as recomendacións do Consello de Contas e do Valedor do Povo
  • Privatización dos Servizos Estratéxicos: Historia clínica electrónica; Receita electrónica; Sistema de Citas, Call Center; Teléfono Informativo “012”; servizos de protección radiolóxica; esterilización do instrumental; loxística do sistema; mantenimento dos equipos sanitarios; limpeza e enerxía; catering dos hospitais; compra de equipamento tecnolóxico; hemodiálise; etc.
  • Entrega da investigación sanitaria formación do persoal a empresas multinacionais.
  • Privatización do Laboratorio Central de Galicia
  • Eliminación dos recursos dirixidos a colectivos de risco: Planeamento Familiar, Drogodependencias, persoas dependentes, etc.
  • Desmantelamento das Áreas Sanitarias: Barco, Monforte, Salnés, Barbanza…con reduccion de recursos.
  • Privatización da Xestión dos Procesos Asistenciais e fragmentación dos hospitais e centros de saúde creando as Unidades de Xestión Clinica
  • Privatización das baixas laborais por enfermidade

En Ourense:

  • Peche de Piñor
  • Atraso nas obras do Plan Director do CHUO e privatización do mesmo
  • Privatización da Xestión do Mantenemento.
  • Carpetazo a creación dunha Unidade de Rehabilitación Psiquiatrica en Piñor
  • Perda dos 400.000 metros cadrados de terreos de Toén
  • Peche da atención as 24 horas da Cirurxía Pediatrica contra os informes dos propios profesionais e do Valedor do Povo.
  • Nula resposta a carencias na atención urxente.
  • Desaparición da Área de Saúde de Valdeorras.Consecuencias:
    As listas de espera medran no global de Galicia.
    Na Atención Primaria superan a semana.
    Os Servizos de urxencias dos hospitais permanentemente colapsados
    Negaselle o tratamento os doentes da Hepatite C.

cartaz ourense

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s