COMUNICADO DE PRENSA SOBRE AS DECLARACIÓNS DO SR. FEIJÓO CON MOTIVO DA SÚA VISITA AO CHUO

Asunto: “Núñez Feijóo afirma que el Hospital de Ourense será el “centro de demostración do hospital do futuro”

A Plataforma pola Defensa e Mellora do Sistema Sanitario Público de Ourense, con motivo da “enesima” presenza do Sr.Feijóo en Ourense para falar e darse “autobombo” electoral con motivo das obras e reformas do Complexo Hospitalario de Ourense, manifestamos:

1º.-Consideramos que xa basta de inauguracións, de gastos superfluos, de derroches en inauguracións de maquetas, de proxectos, de obras, etc. Vostede predica austeridade e recortes para pacientes e traballadores pero non se aplica para nada o “conto”. ¿ Pode dicirnos cal foi o custe para tódolos contribuíntes desta “visita” aos piares e pranchadas da obra do Hospital?

2º.-¿ De que tipo de “futuro” nos está a falar Sr. Feijóo ?.¿ De ter privatizado a sanidade pública, de ter destruído o estado de benestar, de implantar os repagos, de suprimir a sanidade universal e gratuíta nas prestacións. ?

3º.- ¿ De que “futuro” nos fala Sr. Presidente aos veciños e veciñas de Ourense? , despois de avalar e amparar: A perda de 400.000 metros cadrados de terreos en Toén, de pechar camas, de liquidar o proxecto para Piñor de atención a Saúde Mental, de non darlle solucións aos constantes colapsos nas Urxencias, de liquidar a Atención de Cirurxía Pediátrica as 24 horas, de crear listas de espera en Atención Primaria, de atrasar 7 anos a realización do Plan Director para as obras do CHUO, de liquidarse o área Sanitaria de Valdeorras, etc

4º.-Non nos venda “ningún favor”, nin ningún “éxito” da súa xestión Sr. Feijóo, o seu trato a esta provincia, en materia sanitaria, ten sido lamentable e se fose un mínimo de autocrítico na vez de vir a facer unha vez máis gabanza de “investimentos” debería pedir desculpas e falar con máis humildade destas cousas.

5º.-Dende esta Plataforma, pelexamos e solicitamos dende vai moitos anos unhas novas instalacións para atender aos doentes desta provincia, unhas instalacións dignas e semellantes aos que teñen outros cidadáns de Galicia, pero de pouco valen as “grandes obras” e “tanta tecnoloxía” se esquecemos a parte máis importante e fundamental da atención e da asistencia sanitaria que é o trato humano e vostede e o seu partido teñen traballado arreo para “deshumanizar” este sistema sanitario, onde se expulsa e deixa fora do mesmo a miles de persoas, onde se recortan prantillas de profesionais, onde se recortan dereitos e dotacións e polo tanto se mingua a calidade.

6º.-Sr. Feijóo “HOSPITAL SÍ, PERO NON ASÍ”.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s