NOTA DA AGDSP SOBRE A REALIZACIÓN DO ERE EN POVISA DESPOIS DE RECIBIR MILLONARIAS SUBVENCIÓNS POR PARTE DA XUNTA

Ante a información de que POVISA pretende realizar un ERE para despedir traballadores ( pese a que recentemente conseguiu a renovación do Concerto Singular polo SERGAS perpetuando por dez anos prorrogables a atención especializada das poboacións de Cangas, Moaña, Valmiñor e o barrio vigués de Coia) desde a Asociación para a Defensa dá Sanidade Pública queremos denunciar que:

1.- Novamente POVISA ameaza aos seus traballadores con despedimentos malia que o novo Concerto mellorou substancialmente o seu financiamento. Habería que recordar que este centro privado ten menos persoal e menos recursos que os centros sanitarios públicos e condicionou as camas, servizos e recursos previstos para o Novo Hospital de Vigo, reducidos drasticamente para manter a POVISA como hospital de área.

2.- Pese á ausencia de información oficial sobre os contidos do novo Concerto, parece que a Xunta financiará a POVISA con 90 millóns de euros anuais, cifra escandalosa si temos en conta que o canon a pagar pola construción e xestión do Novo Hospital de Vigo ascenderá a 71 millóns de euros.

3.- A estratexia da tensión está sendo utilizada desde fai tempo por POVISA, que xa ameazou con outro ERE no ano 2010 (en pleno proceso de negociación co SERGAS), probablemente coa finalidade de que os seus traballadores presionasen á Administración para a renovación do Concerto.

Desde a nosa Asociación queremos mostrar o noso apoio e solidariedade cos traballadores/as e cos cidadáns usuarios do centro (que soportan unhas listas de espera que duplican as do área de Vigo)  e esiximos á Xunta que publique dunha vez por todas os contidos do novo Concerto e impida que o proxecto de recorte de persoal siga adiante

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

16 de xeneiro do 2015

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s