NOTA DE PRENSA DA PLATAFORMA: “Porque se producen os colapsos nas Urxencias Hospitalarias”

LOGO2 SOS.jpg Ourense

Dende vai moitos anos e variando nos meses segundo veñan as temperaturas estacionais os nosos xestores do Sistema Sanitario Público saben que se van a producir picos importantes de demanda asistencial. É unha cuestión fácil de “profetizar” e polo tanto debería ser doado pórlle solucións.

Cales son os motivos de que , ano tras ano, non se vaian pondo os chanzos que minoren este problema que provoca uns importantes déficits na calidade e seguridade da atención aos pacientes e disfuncións, queime e inseguridade nos profesionais e que non ten só repercusións nos Servizos de Urxencias pois todo elo acaba creando mareiras e marusías no resto das unidades hospitalarias e de atención primaria ?

Dende a Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, poñemos sobre a mesa o que consideramos como principais razóns desa, crónica, e gravísima falla de xestión:

1º.-A nosa provincia ten unha taxa de envellecemento das máis altas de Europa e polo tanto os problemas de cronicidade son moi importantes. Dende a OMS e o propio Ministerio téñense proposto e elaborado directrices que en Galicia nen existen, nen se lles ve, nen se lle espera.
2º.-Se ao anterior lle engadimos que a Lei da Dependencia foi unha das principais afectadas polos recortes en materia social e sanitaria, temos de partida unha mistura explosiva para que se produza o que vemos nos Servizos de Urxencia.
3º.-Adicionemos aos dous puntos anteriores que o que a Lei Xeral de Sanidade, a OMS e outros organizacións sanitarias, profesionais e científicas consideran como o piar fundamental de calquera sistema de saúde que é a Atención Primaria foise levando a unha clara regresión tanto nos recursos económicos, como nos ratios de profesionais, como nos medios materias, como nun axeitado deseño dos dispositivos de atención a urxencia extrahospitalaria.
4º.-Podemos ademais engadirlle que froito desas políticas de austericidio o número de profesionais sanitarios nos Servizos de Urxencias se reducen ou se manteñen ao mínimo co que calquera reponte na demanda vai provocar atrasos e esperas.
5º.-Se ademais se prioriza unha xestión orientada a resultados económicos, onde o importante é canto aforramos e non avaliar como repercute esa xestión na mellora dos resultados en saúde teremos, entre outras cousas, que os materiais, as medicacións e diferentes subministros poden “escasear” no almacenaxe cando hai eses picos nas demandas asistenciais.
6º.-Se avaliamos que nos seis anos de Goberno do Sr. Feijóo e de Xerencia Única da Sra. Eloina Núñez a provincia de Ourense ten perdido camas hospitalarias de crónicos e que o atraso acumulado no remate do novo hospital de Ourense é algo que amosa nitidamente o tipo de xestión e cara onde orientan os nosos xestores as necesidades asistencias e de saúde das persoas desta provincia.

Para esta Plataforma está claro que unha xestión sanitaria que non teña en conta o envellecemento, a alta taxa de cronicidade, a necesidade de pular a Lei de Dependencia, unha aposta decidida pola Atención Primaria, un redimensionamento das necesidades de profesionais sanitarios axustadas a esta realidade e sobre todo deixar de orientar as políticas económicas contra as maiorías sociais e máis necesitadas, seguiremos a repetir e repetir, ano tras ano esta dramática situación que se pode ver estes días nas urxencias, nas plantas dos hospitais, nos centros de saúde e en moitos PACs da nosa provincia.

Dende o noso punto de vista uns Xestores que provocan coas súas decisións estas situacións non son merecentes de xestionar o importante patrimonio público que é a nosa Sanidade.

Ourense 10 de Xaneiro do 2015.-

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s