SOS Sanidade Pública PIDE A DIMISIÓN DA CONSELLEIRA DE SANIDADE

sos

A Plataforma SOS Sanidade Pública quere manifestar a súa máis firme rexeitamento á actitude do Partido Popular de traizoar aos miles de lucenses que asinaron a Iniciativa Legislativa Popular esixindo a dotación do Novo Hospital de Lugo dos Servizos de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para tratar a pacientes con cardiopatías ou cancro.

A falta destes recursos obrigan a pacientes con enfermidades graves a percorrer grandes distancias para realizar cateterismos, radiarse ou para ser tratados noutros hospitais de Galicia,

Queremos denunciar que o Presidente de Galicia Núñez Feijjo e a Conselleira de Sanidade engano deliberadamente á cidadanía ao prometerlles que se dotaría ao Novo Hospital con estes recursos fai máis tres anos .

Por iso esiximos

1.- A dimisión da Conselleira de Sanidade por mentir deliberadamente, por non recibir ás máis de 200 organizacións veciñais que recolleron máis de 45.000 formas en demanda de xustiza sanitaria

2.- A dimisión do Portavoz Parlamentario do Grupo Popular Miguel Santalices por modificar deliberadamente a Iniciativa ata facela irrecoñecible.

3.- O rexeitamento social aos parlamentarios elixidos por Lugo por traizoar aos cidadáns e cidadás que os elixiron para defender os seus intereses

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s