A FADSP ANTE A CONFIRMACIÓN DO PRIMEIRO CASO DE CONTAXIO POLO ÉBOLA NO ESTADO ESPAÑOL

 

ebola-virus1

A FADSP ANTE A CONFIRMACIÓN DO PRIMEIRO CASO DECONTAXIO POLO ÉBOLA NO ESTADO ESPAÑOL

Hoxe mesmo tense confirmado o primeiro caso de contaxio polo ébola no Estado Español.Deste xeito, e grazas ao governo de Rajoy e a súa responsable de Sanidade a Sra Ana Mato, unha terrible enfermidade confinada ao continente africano dende vai 40 anos xa ten chegado a Europa.

Este feito de enorme gravidade denota a irresponsabilidade deste governo que sempre ten tomado as descisións ao marxe dos técnicos e profesionais, máis ocupados de beneficiar a industria sanitaria que do potenciamente do sistema público de saúde.

No seu momento a FADSP advertiu das consecuencias que poderían derivarse do traslado dos relixiosos afectados a España, de xeito especial polo desmantelamento da Unidade de Infecciosos do único centro que podería facer fronte a esta doenza, xa que non dispoñía nin dun laboratorio axeitado polo que o material biolóxico infectado destes doentes debía trasladarse a cotío ao Hospital da Paz.

Unha das  profesionais, unha enfermeira, que tiña atendido a segunda das victimas non só non estaba confinada, en cuarentena durante o tempo de incubación da doenza  (2-21 días), senon que aos 9 días do pasamento do relixioso, dentro do prazo de risco de contaxio, a profesional, neste caso como paciente, vese na obriga de ter que acudir a un servizo público de urxencias, cos riscos engadidos para o resto de doentes e de profesionais sanitarios.

A mercantilización da sanidade púlbica está convertendo  a atención a saúde nun negocio para as compañías farmacéuticas e os eventos sanitarios en espectáculos mediáticos. Polo tanto non son de estranar estas graves consecuencias.

A ministra de Sanidade e as autoridades sanitarias da comunidade de Madrid teñen feito unha xestión desastrosa e irresponsable. A súa inmediata dimisión é un deber inexcusable para todo responsable político que ten avalado e consentido estas irresponsabilidades. Precisamos de persoas competentes que poidan e saiban abordar os problemas do sistema sanitario público con garantias para profesionais e cidadáns.

Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública
6 de Outubro do 2014
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s