INCIO DA SEGUNDA FASE DAS OBRAS DO PLAN DIRECTOR DO CHUO

Derrube CHUO

O mes de Setembro trouxo, entre outras cousas, que se iniciasen as obras desta segunda fase do Plan Director do CHUO. Non foi sen tempo.  Dende a Plataforma levamos moitos anos, consideramos que demasiados, pedindo que os proxectos feitos, as maquetas presentadas ducias de veces, as promesas de inicios feitas e desfeitas, as chapuzas de adxudicacións e readxudicacións de obras, de Servizos de Xestión etc fosen unha realidade.

Para moitas persoas o ter escomenzado estas obras pode supoñer unha alegría para que dunha vez a provincia de Ourense poda ofertar uns servizos sanitarios dignos aos pacientes que teñen que ser hospitalizados ou atendidos no Hospital de Ourense e a esta Plataforma tamén nos gustaría compartir esta ledicia e moitos pensarán que non hai que ser “cenizos”, que non se debe mirar para atrás e hai que darlle a benvida a esta obra, máis a fotográfia que acompaña estas liñas ben pode ser toda unha metáfora do que está a acontecer cos servizos públicos.

Podemos facer unha lectura en positivo, “vaise o vello” e a presenza das excavadores e dos camións son o signo dun novo tempo que se abre no Complexo Hospitalario de Ourense, máis tamén podemos ver a imaxe dun “acoso e durrube” dun sistema sanitario público que deixou de ser universal, dun sistema sanitario que establece repagos, que expulsa a moitos cidadáns da súa atención, que reduce o número de profesionais e a calidade das prestacións, etc. Nesta imaxe dos escombros do denominado Edificio Administrativo están presentes as dúas imaxes.  Temos que dar a benvida as novas instalacións pero temos que situar as mesmas nun determinado contexto e dende esta Plataforma seguiremos a loitar para que o Sistema Sanitario Público recupere a súa razón de ser como sistema Público no financiamento e na provisión, Universal e Gratuito no momento de precisar atención.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s