USUARIOS E PROFESIONAIS, CONTRA O DETERIORO DA ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL

Usuarios e profesionais, contra o deterioro da atención á saúde mental

Entre 70.000 e 80.000 galegos e galegas padecen trastorno mental grave, segundo datos do Movemento Galego da Saúde Mental, e entre 27.000 e 41.000 non poden acceder “ao sistema de atención á dependencia ao que teñen dereito”, segundo esta mesma entidade. Esta plataforma, formada por máis de 280 profesionais, así como organizacións de familiares e afectados e sindicatos como CIG e CC.OO. constituíuse o pasado mes de marzo como resposta á “situación preocupante” da saúde mental en Galicia, motivada sobre todo polos recortes orzamentarios e a limitación de recursos, pero tamén pola dificultade de acceso aos recursos existentes, pois -segundo denunciou o propio Movemento- entre un 20 e un 30 por cento das camas de hospitalización psiquiátrica están sen ocupar “en períodos prolongados”. Tamén se criticaban outros aspectos, non relacionados coa dotación económica dos equipos e centros, coma a “carencia de información oficial” sobre a saúde mental en Galicia, ou a ausencia “dun plan, un proxecto ou unha traxectoria de futuro”.

http://praza.com/movementos-sociais/7191/usuarios-e-profesionais-contra-o-deterioro-da-atencion-a-saude-mental/
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s