O Sergas ocúltalle ao Parlamento canto persoal traballará no verán do récord de peche de camas

O Sergas ocúltalle ao Parlamento canto persoal traballará no verán do récord de peche de camas

Este verán o Servizo Galego de Saúde pechará 1.095 das súas camas hospitalarias, 163 máis que en 2013 e un 140% máis que en 2009. Esta decisión, fondamente criticada polas organizacións que representan o persoal sanitario está tamén dende hai meses no debate político, no marco do cal o actual Goberno xustificou os peches mesmo botando man de textos redactados polo goberno bipartito, cando as camas que deixaban de operar no verán eran moitas menos. Un dos argumentos ofrecidos pola Consellería de Sanidade para defender estes peches é que se producen durante as vacacións dos traballadores e traballadoras do Sergas, razón que levou a oposición a querer saber cal é o volume de persoal que collerá vacacións e cantas destas baixas temporais serán cubertas. O departamento de Rocío Mosquera ocúltao, cando menos de momento.

http://praza.com/politica/7394/o-sergas-ocultalle-ao-parlamento-canto-persoal-traballara-no-veran-do-record-de-peche-de-camas/

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s