O NOVO HOSPITAL DE VIGO VAN A DEIXALO SEN O SERVIZO DUN LABORATORIO CENTRAL.Nota de prensa da AGDSP

Image

NOTA DE PRENSA DA AGDSP SOBRE O PROXECTO DE DESMANTELAMENTO DO LABORATORIO CENTRAL DO NOVO HOSPITAL

Ante a información sobre o proxecto do Sergas de deixar sen laboratorio Central ao Novo Hospital de Vigo a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade quere comunicar á opinión pública e profesional que:

a.- O Novo Hospital de Vigo non terá laboratorio central, que se situará no Meixoerio (a varios quilómetros deste), ao mesmo tempo que as probas analíticas máis avanzadas adxudicáronse a un laboratorio privado (CERBA Internacional) propiedade da multinacional UNILABS-CAPIO.

b.- Un dos grandes beneficiarios desta decisión é o propio xefe de servizo do laboratorio do Hospital Meixoeiro (que apoia a medida pese á oposición de gran parte dos profesionais) que pasara a dirixir os actuais laboratorios de análises clínicas, hematología e microbiología dos dous hospitais, o que multiplicará o seu poder. Segundo afirma públicamente este profesional, a concentración de laboratorios irá acompañada dunha redución de persoal. Diferentes publicacións sanitarias informaron de que a concentración de laboratorios e os recortes de persoal dos mesmos, na CCAA de Madrid (pionera nestas medidas) han ir acompañados de graves erros e atrasos nas probas analíticas.

c.- “Paradóxicamente” este xefe de servizo, gran beneficiario da medida, compaxina a súa responsabilidade no hospital público co seu traballo como profesional no laboratorio MEDILAB, propiedade da compañía farmacéutica multinacional ITAL-Fármaco S.A. Dáse a circunstancia de que o fondo de investimento CVC-CAPIO adquiriu os laboratorio MEDILAB, onde traballa este señor.

d.- Este mesmo fondo de investimento, CVC-Capio, é propietario de UNILABS, empresa privada que xestiona os laboratorios privatizados en Madrid, de CERBA Internacional, empresa privada que gestiona o laboratorio Central de Galicia e de MEDILABS, laboratorio que non só contratou ao xefe de Laboratorio do Hospital Meixoeiro senón tamén ao xefe de servizo do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Por todo iso, non é de estrañar o apoio destes responsables ao desmantelamento e privatización dos laboratorios públicos en Galicia.

En resumo:

. O Novo Hospital de Vigo quedarase sen laboratorio central, o que repercutirá na calidade da atención (como se publicou reiteradamente en múltiples publicacións sanitarias)
. O laboratorio do Meixoeiro centralizara todos os actuais laboratorios, medida que irá acompañada de importantes reducións no persoal de persoal (aforro a costa da calidade)
. O responsable do laboratorio centralizado do Meixoeiro está vinculado á mesma multinacional á que se adxudicou o Laboratorio Central de toda Galicia, que quedará en mans de fondos de investimento internacional.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s