MOBILIZACIÓNS EN LUGO POLA HEMODINÁMICA, A RADIOTERAPIA E MEDICINA NUCLEAR NO HULA

NOTA DE PRENSA DE SOS SANIDADE PÚBLICA EN APOIO DAS MOBILIZACIÓNS DE LUGO PARA QUE O HULA TEÑA AS DOTACIÓNS AXEITADAS PARA ATENDER AOS USUARIOS

A Plataforma SOS Considera inadmisible que pacientes de Lugo  sexan obrigados a percorrer grandes distancias  para realizar cateterismos, radiarse ou para ser diagnosticados dun cancro noutros hospitais de Galicia, soportando xornadas extenuantes en ambulancias e esperas para recibir na Coruña ou Santiago tratamentos imprescindibles para a súa saúde e  vida. 

Desde SOS Sanidade Pública saudamos no seu momento como un enorme éxito dos cidadáns do área de Lugo a gran  mobilización social apoiada por máis de 200 colectivos que conseguiron máis de 41.000 firmas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que reclamaba a posta en marcha nun tempo razoable dos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear, no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). 

Esta ILP saíu adiante no Parlamento de Galicia co voto unánime de todo o Parlamento: PP, PSOE, BNG, AGE e Grupo mixto.

Por iso consideramos  inaceptable as emendas presentadas polo Partido Popular na tramitación parlamentaria, que modifican a ILP  nos seus contidos e prazos.

Este cambio de actitude non só supón un engano as súas organizacións sociais e institucionais que apoiaron maioritariamente unha petición cargada de lóxica, apoiada pola necesidade de asistencia e de equipar a Lugo ao resto de áreas sanitarias de Galicia.

Un engano desta magnitude é incompatible cun goberno racional, fiable e democrático polo que desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia esiximos:

1.- Que se respecte o aprobado sobre esta ILP no Parlamento de Galicia
2.- A posta en marcha no menor tempo posible dos recursos para facer efectivos os acordos de dotación de servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear, no HULA
3.- A dimisión da Conselleira de Sanidade por burlar e enganar a toda a poboación de Lugo e a gran parte das súas institucións, coa única finalidade de recortar gastos público e de desmantelar a sanidade pública
4.- Apoiamos a mobilización do día 26 de Xuño e chamamos a todas as organizacións que integran SOS Sanidade Pública a participar activamente no desenvolvemento da mesma

Plataforma SOS Sanidade Pública 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s