O INFORME DO VALEDOR DO POBO SOBRE O DESMANTELAMENTO DO SERVIZO DE CIRURXÍA PEDIÁTRICA DE OURENSE EVIDENCIA A CLARA CHAPUZA DA XERENCIA DE OURENSE

Image
Asunto: Informe do Valedor do Pobo sobre os recortes no servizo de Urxencias de Cirurxíia Pediátrica de Ourense

O Valedor do Pobo ven de remitir a esta Plataforma o informe e as recomendacións sobre a situación do Servizo de Urxencias de Cirurxía Pediátrica despois das reclamacións presentadas no seu día por esta asociación. Neste informe, que achegamos, pódese ver de xeito claro que as valoracións teñen unha clara coincidencia coas prantexadas pola Plataforma de Ourense e poñen en evidencia as medidas de xestión aplicadas pola Xerencia da Área de Xestión Integrada de Ourense e avaladas pola Consellería de Sanidade.

Dende esta Plataforma manifestamos que esta Xerencia tiña e ten unha clara intencionalidade de desmantelamento do Servizo de Urxencias de Cirurxía Pediátrica en Ourense e para elo indicamos unha serie de datos:
Perda deliberada de profesionais sanitarios neste servizo deixando a situación a día de hoxe nun só cirurxián pediátrico e só en xornada ordinaria.
Cando se ten contratado e conseguido outro cirurxián de apoio, permitise polas “condicións propostas para a contratación!” que ese profesional se marche de Ourense.
Creación dun “área servizo compartida con Vigo” meses despois de que o Servizo de Ourense se quede sen cirurxiáns pediátricos e provocando, durante ese tempo, unha clara inseguridade e con riscos para a saúde dos cativos que precisasen desa atención.
O ter que derivar os nenos da Provincia de Ourense a un servizo como o de Vigo, que ten lista de espera, e non reforzar o de Ourense que non padece esa situación.
O retirar poboación de Atención en Ourense de zonas limítrofes como Monforte, Chantada ou Quiroga, para xustificar con esta baixada os argumentos de que en Ourense non se xustifica a necesidade de Cirurxiáns Pediátricos.
Curiosamente, nestes días, que se está a negociar o acordo transfronteirizo Verín-Chaves falase de incorporar ao Hospital de Verín a atención as embarazadas de Portugal e pola contra envianse as do Sur de Lugo a outras zonas do País.
O crear unha situación na que as mulleres embarazadas de Ourense as que se lle diagnostique o feto un problema que precise de intervención cirúrxica no pos-parto que terán que ir a dar a luz fora de Ourense.
O ser responsables de non ter a necesaria e fundamental sensibilidade, nunha provincia tan envellecida, cun sector da poboación como son os nenos e as mulleres embarazadas e manter e mellorar ese servizo que por outra banda tiña un custo “ben asumible” para que se puidese seguir prestando en Ourense.
O ter feito unha xestión “pegada aos números” sen avaliar os custes sociais de ter que trasladar nenos, nenas e familias, en moitos casos, a centos de Km dos seus domicilios.
O aplicar en Ourense uns ratios de Cirurxián por número de nenos que non aplica ao resto das Áreas Sanitarias.
O ser responsables de que o Complexo Hospitalario de Ourense sexa menos Universitario pois un Centro Sanitario que perde un servizo destas características fai que que sexa “menos atractivo” para a formación de futuros profesionais sanitarios que prefiren escoller centros onde se preste formación máis completa.

Toda esta “chapuza” tanto no organizativo e na xestión está moi ben debullada e argumentada no Informe do Valedor do Pobo e do mesmo salientamos textualmente:

 Image

 

 

Image

 Image

 Image

 Esta Plataforma sabe e coñece que as recomendacións da Institución do Valedor do Pobo non son vinculantes para as Administracións afectadas pero deixan en clara evidencias a aqueles que non as levan adiante, pois falan do seu desprezo e ningueneo dunha institución tan importante para a defensa dos dereitos das persoas e por elo pedímoslle a Conselleira de Sanidade que rectifique e corrixa as medidas de recorte e desmantelamento do Servizo de Cirurxía Pediátrica de Ourense e para elo consideramos que se pasado o verán, non se teñen tomado ningunhas rectificacións e melloras esta Plataforma volverá a por en marcha aquelas medidas de presión social e cidadán que considere necesarias para denunciar esa situación e recuperar un Servizo que nunca debeu ser desmantelado.

Ourense 20 de Xuño do 2014.-

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s