A CESIÓN INDECENTE DA SANIDADE PÚBLICA EN VIGO. Nota da AGDSP

A cesión indecente da Sanidade pública de Vigo

O goberno popular decidiu construír o novo hospital de Vigo (NHV) con financiamento privado (PFI) a cambio de ceder a xestión de todos os servizos non sanitarios e espazos non asistenciais a unha UTE liderada por Acciona e Bankia.

A Xunta confirmou que o hospital non recuperará a cuarta parte da súa Área (140.000 persoas) a unidade de queimados, nin a cirurxía máxilo-facial, actualmente en mans dun Hospital privado do Grupo Povisa, no que a Conselleira de Sanidade era directiva antes de tomar posesión no SERGAS.

O NHV tampouco será referencia, como ata agora, para a poboación do Salnés nin de Pontevedra (300.000 persoas) en determinadas especialidades, que inclúen a ciruxía cardíaca e a cardioloxía Intervencionista, que o goberno obriga a derivar ao hospital de Santiago.

O NHV tampouco controlará a xestión da alta tecnoloxía, as telecomunicacións, a cita previa, a esterilización nin a loxística, servizos xa privatizados pola Xunta de Feijóo.

Agora, o novo hospital, que a Consellería asegura terá 1.400 camas e porta de urxencias, quedarase sen outro servizo esencial, como e o laboratorio.

Previamente a Xunta adxudicou (12 de marzo de 2014) o Laboratorio Central de Galicia, que realizará as determinacións analíticas máis avanzadas e as probas de xenética e bioloxía molecular de todo o SERGAS, a unha UTE formada por dúas empresas privadas, un pequeno laboratorio de Vigo, “Lema e Bandín” (que Feijóo e Mosquera parecen considerar máis capaz que todos os laboratorios públicos xuntos) e o laboratorios Cerba Internacional, con sé en Barcelona. O custo da adxudicación, 38% inferior á media das outras 4 empresas concursantes, considerouse inicialmente temerario, pero a UTE foi posteriormente readmitida e seleccionada.

O presidente e máximo propietario de laboratorios Cerba é Marcelo Weisz, da familia propietaria dos laboratorios Unilabs. Actualmente dirixe Unilabs Rusia.

A empresa Unilabs pertence a multinacional CVC-Capio que está imputada polo proceso de privatización da sanidade pública madrileña. No seu consello de administración estaba o conselleiro Güemes (obrigado a dimitir por conflito de intereses), quen tamén privatizou o laboratorio central de Madrid por un prezo temerario, e un ano despois decretou a pechadura de tres laboratorios públicos para derivar as probas ao laboratorio privatizado.

Na data da adxudicación do laboratorio central de Galicia, Unilabs estaba asociado a Bankia. O consello de administración de Bankia imputado pola xustiza está moi vinculado ao PP.

Só 3 semanas logo da adxudicación (4 de abril de 2014) Bankia vende o seu parte ao grupo estadounidense ?Centene Corporation? empresa privada intermediaria para o aseguramento e a provisión de servizos sanitarios, centrada na xestión dos pacientes estadounidenses de Medicare e agora vinculada a Unilabs, e xa que logo á sanidade pública galega.

Por outra banda, a decisión da Xunta de prescindir do laboratorio no NHV, para situalo no hospital Meixoeiro, non parece responder a necesidades funcionais, senón a unha decisión premeditada. No hospital Meixoeiro atópanse todos os servizos do CHUVI de xestión privada:

–  A ciruxía cardiaca, a cardioloxía intervencionista, a radioterapia, a Medicina Nuclear e a Resonancia Magnética, xestionados por Galaria SA, cuxa directora provén da consultora estadounidense Arthur Andersen (Deloitte).

– Os servizos de Radiofísica e control de calidade de radiodiagnóstico, coxestionados pola multinacional estadounidense Xeneral Electric.

– O Biobanco de tumores, de cerebro e de ADN de Vigo, xestionados mediante colaboración público-privada (CPP)

– O instituto de investigación biomédica de Vigo, coxestionado pola compañía Farmacéutica estadounidense Janssen (Johnson and Johson)

A Hematoloxía e a Oncoloxía, que poderán privatizarse si os  profesionais aceptan reconverterse en unidades de Xestión Clínica con Autonomía de Xestión obxectivo prioritario do Ministerio de Ana Mato, da Consellería de Sanidade e da Sociedade Española de Directivos sanitarios “SEDISA” asociación de 900 directivos da sanidade pública e privada, patrocinados pola industria sanitaria privada e constituídos como grupo de presión para implantar a colaboración público-privada, co fin de “incrementar a autoridade dos xestores sobre os profesionais sanitarios e eliminar a rixidez na contratación dos empregados públicos e na compra de produtos sanitarios”

O NHV estaba proxectado como un gran hospital público, cos servizos e a tecnoloxía suficientes para atender a toda a poboación de Vigo e a súa área de influencia e converterse en Centro de Referencia de toda a poboación do Sur de Galicia.

Con todo, e malia o seu enorme custo económico, que non diminuíu, o goberno popular recortou o seu tamaño e as súas camas, baixou a calidade dos seus materiais e o desmembrou amputándolle gran parte da súa poboación e Servizos tan relevantes como a ciruxía cardíaca, a cardioloxía intervencionista, os laboratorios, a alta tecnoloxía, a investigación (I D i) e probablemente a oncoloxía.

Os obxectivos do Xerente do Hospital de Vigo, Mario González, parecen máis próximos aos do lobby privatizador SEDISA, a cuxa cúpula pertence, que ao hospital público que dirixe.

Vai ter pouco que xestionar, o Sr. González, si aínda ocupa o cargo cando se inaugure o novo hospital, é dicir, si a poboación galega pretende seguir votando ao partido que ha troceado, desmantelado, e privatizado a súa sanidade pública e cedeuna a empresas vinculadas, insolventes e imputadas. Si a poboación galega pretende seguir votando aos “patriotas do goberno de Feijóo” que están traspasando a súa responsabilidade de xestionar a sanidade pública de Galicia a multinacionais estadounidenses, que ademais de inxentes beneficios económicos conseguirán algo de enorme interese para a industria sanitaria, o control dos profesionais, da investigación e dos datos xenéticos e de saúde da poboación galega.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidad Pública

27 de abril do 2014

Imaxe

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s