A PLATAFORMA ANTE AS NOVAS DA XERENCIA DE OURENSE SOBRE AS LISTAS DE ESPERA

 Imaxe

Datos Listas de Espera en Ourense.

Ourense 25 Abril 2014

A Plataforma pola defensa e mellora da Sanidade Pública de Ourense ante os datos ofrecidos hoxe pola Xerencia de Xestión Integrada sobre as cifras de espera e de intervencións cirúrxicas na área de Ourense, manifestamos:

Non compartir que se pretenda vender como “un gran éxito de xestión” uns datos que son parciais e faltos de transparencia.
Non entendemos que unha Xerencia que ten aplicado os maiores recortes, os máis importantes peches de camas, de servizos e de recortes de persoal, na historia da Sanidade de Ourense se podan presentar como os ”campións galegos das listas de espera”.
Tamén pensamos que estes datos se pretenden empregar como “unha cortina de fume” coa que tapar o desastre dunha xestión en: peche de Toén, desmantelamento de Piñor, peche de camas de interna, atrasos na modernización das obras hospitalarias e de centros de saúde, peche das urxencias de cirurxía infantil, marxinación da atención primaria, redución de postos de traballo, risco na posible perda de fondos europeos para a nosa sanidade, concurso de xestión integral de espazos anulado polos tribunais, etc
Resulta, cando menos, bastante curioso que se presente ao Hospital de Valdeorras como o número un da “resolución cirúrxica” cando os datos e denuncias dos profesionais sanitarios sobre desmantelamento e redución de servizos, nese hospital, ten acadado cotas alarmantes.
Para a Plataforma de Ourense, resulta especialmente “cansina” esta partitura coa que nos queren “deleitar” cada 6 meses, os responsables da Administración Sanitaria, informando dos novos récords na minoración das esperas. A realidade vai por outro lado e se de verdade queren informar e darnos unha visión precisa e concisa desta situación, pedímoslle “luz e taquígrafos” e polo tanto publiciten, saquen a luz non só unha parte do problema. Sexan valentes e transparentes e informen non só da lista chamada estrutural, publiquen a lista non estrutural, falen das derivacións as privadas, dos “buzóns” onde se colocan moitas peticións de consulta en espera, etc.
Esta Plataforma leva moitos anos reclamando a necesidade da claridade e da transparencia nos datos e namentres eso non se produza, non poderemos acreditar neles.

Ourense 25 de Abril do 2014

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s