UN TRIBUNAL PONLLE FREO AO CONCURSO DE PRIVATIZACIÓN DE SERVIZOS NO CHUO

Dende está Plataforma temos manifestado a nosa oposición ao chamado Concurso de Xestión Integral de Servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, centrandonos en varios motivos pero de xeito principal por:

  • Por introducir mecanismos de privatización no sistema público de saúde, poñendo en risco a súa calidade e empeorando as prestacións aos pacientes.
  • Privatizar e por en risco a máis de 80 empregados do servizos de mantenemento.
  • Por ser un concurso “feito a medida” das grandes empresas que impide que as medianas e pequenas empresas podan optar ao mesmo provocando que sexa capital foraneo a que se beneficie desa adxudicación.

Agora é un tribunal o que paraliza o mesmo ata que se resolvan os recursos presentados por diversas asociacións dando a razón aos que advertimos dos riscos legais que estaba supoñendo o “desaguisado” e “atrapallado” modelo que propuxo a administración sanitaria dirixida polo Sr. Feijoo para este concurso. En calquera país normal a estas horas e despois de aprazamentos, falla de empresas interesadas, atrasos nas obras, pliegos “feitos a medida”, etc  e Ourense sufrindo a falla de unhas infraestructuras sanitarias dignas, alguén tería que ter dimitido ou sido cesado. Máis todo sigue igual, os causantes de todo este desastre administrativo e que están pondo en risco que a cidadanía de Ourense deixe de ter un Hospital de cuarta categoría siguen nos seus postos.

Ninguén da Administración Sanitaria Galega, da que é responsable máximo o Sr. Nuñez Feijoo, é quen de poñer fin a tanta ineficacia e inoperancia e mudar aos responsables?

 

http://www.laregion.es/articulo/ourense/tribunal-frena-concurso-mantenimiento-hospitalario/20140228070744444477.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s