NOTA PRENSA SOBRE A ENTREVISTA CO VALEDOR DO POBO SOBRE A CIRURXÍA PEDIÁTRICA DE OURENSE

 

ImaxeNOTA DE PRENSA

ASUNTO: Entrevista e entrega de sinaturas ao Valedor do Pobo polo problema da Atención as Urxencias de Cirurxía Pediátrica no CHUO.

 

No día de hoxe as 10:30 horas unha representación da Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense fixo entrega na sede do Valedor do Pobo en Santiago de Compostela das máis de 7.000 sinaturas recollidas por toda a provincia de Ourense denunciando o desmantelamento da Atención Urxente de Cirurxía Pediátrica no Hospital de Ourense.

Dende a Plataforma queremos agradecer a Oficina do Valedor do Pobo a súa boa disposición a recibirnos e pola amabilidade e boa disposición para escoitar as nosas propostas ao revés de outras institucións da Administración Sanitaria que nin tan siquera se dignaron a recibirnos.

Durante aproximadamente cuarenta minutos o Valedor do Pobo e outros membros do seu gabinete atenderon as nosas explicacións e recibiron o informe que acompañamos coas sinaturas entregadas no rexistro da institución.

Temos que sinalar que na entrevista poidemoslle explicar con claridade todo o proceso que levou a que a Xerencia do Área de Xestión Integrada e a Consellería de Sanidade chegasen a tomar o que consideramos un grave erro na xestión da Cirurxía Infantil e que está tendo e terá graves repercusións tanto na atención aos nenos,nenas e familias que o precisen, limitando e dificultando a accesibilidade aos dispositivos sanitarios cando antes eso non ocorría na nosa Provincia e tamén a perda de capacidade docente e formadora de novos profesionais, convertendo o noso Hospital Público en algo menos “Universitario” e do que tanto se gaban.

A Oficina o Valedor do Pobo quedou en trasladar esta información a Consellería de Sanidade e pedirlle as informacións pertinentes para despois poder elaborar un informe definitivo que nos trasladaran no momento que o teñan elaborado. No se puideron fixar prazos pois hai circunstancias que non dependen deles senón da celeridade con que conteste a Consellería de Sanidade.

Esta Plataforma seguirá na loita para que Ourense volva a ter un Servizo de Cirurxía Infantil que se merece e continuaremos nas actividades de divulgación e distribución entre a poboación das nosas propostas durante as próximas semanas.

 

Ourense 24 de Xaneiro do 2014.-

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s