POLAS SÚAS OBRAS OS COÑECEREDES. Nota de prensa polo anuncio de licitación das obras do CHUO

ImaxeNOTA DE PRENSA

ASUNTO: Licitación obras Complexo Hospitalario de Ourense

POLAS SÚAS OBRAS OS COÑECEREDES”

A Plataforma de Ourense, debería ter hoxe un motivo de alegría por verse cumpridas unha das súas máis vellas reivindicacións, que os cidadáns da provincia de Ourense tivesen unha infraestrutura hospitalaria digna onde ser atendidos. Gustariamos moito darlle os parabéns aos responsables da Xunta pero todo isto que se prantexa como un “gran éxito” da xestión do Sr. Feijoo, vémonos na obriga de situalo nun contexto que a poboación de Ourense debe coñecer e valorar e decatarse de que esas “ledicias” teñen unha serie de “claroscuros”:

  • Teñen sido demasiados os anos nos que o Sr. Feijoo tardou en solucionar este grave problema da carencia dun Hospital digno para Ourense e quedan , polo menos, outros dous anos para ver rematado o proxecto e sabendo que cando o mesmo estea concluído a primeira fase do Plan Director vai levar máis de 8 anos construída.

  • O atraso na solución final está a poñer en risco os fondos europeos de 45 millóns de euros. Non hai garantías ao cento por cento de que isto estea solucionado.

  • A finalización desta última fase do Plan Director, ven acompañado do chamado Concurso de Xestión Integral de Servizos que é a clara introdución dunha máis das medidas privatizadores coas que nos veñen castigando nos últimos tempos.

  • Esta Xestión Integral de Servizos significa entre outras, moitas cousas, que 90 traballadores do actual servizo de mantemento pasen a ser privatizados e xestionados por unha empresa privada.

  • Nos próximos meses vai a privatizarse o servizo de Esterilización.

  • A supresión do Servizo de Urxencias de Cirurxía Pediátrica e traslado dos nenos e nenas a Vigo.

  • A perda dos terreos do antigo Hospital de Toén, perda das camas de Medicina Interna de Piñor, etc.

  • A mingua e deterioro de Servizos nos Hospitais Comarcais de Valdeorras e Verín.

  • A creación da Xerencia Única que marxinou e discriminou a Atención Primaria.

  • Tampouco podemos esquecer as variadas privatizacións en: xestión das historias clínicas, a presencia dunha fundación privada que cubre parte da hemodiálise, a centralización e privatización nunha gran central de compras en Negreira ( A Coruña) para todo o país, a entrega a mans privadas da xestión, compra e mantemento da tecnoloxía sanitaria, a privatización da rede de soporte informático, etc, etc.

  • Tampouco se pode esquecer o resto de “repagos” aos que teñen que facer fronte os usuarios; receitas, fármacos hospitalarios, etc

  • O Sr. Feijoo presume de “defensa do sistema público de saúde” pero súas obras, non teñen concordancia coas súas palabras. Dende que se ten encargado de xestionar, nos seus diferentes cargos, o sistema público de saúde non ten sido máis que “parcelado” e “troceado”. De xeito “paseniño” vaillo entregando aos negocios e intereses privados. Ao revés que os seus correlixionarios de Madrid, que o fan todo de “golpe”, o Sr. Feijoo optou polo método do “gota a gota”, esperando que a cousa se note menos e o custe político lle sexa menor.

  • Pero o custe o están a pagar os cidadáns e non só no eido económico senón tamén no da saúde pois está demostrado que as medidas privatizadoras só traen beneficios para as empresas adxudicatarias. Para os cidadáns triplícanse os custes, perden calidade e obtéñense peores resultados na atención no global da saúde.

  • Outro tanto podemos dicir para os profesionais sanitarios: perda de poder adquisitivo, menos postos de traballo, peor e menos material para traballar, etc.

Polo tanto celebramos que se finalice a obra do Plan Director pero os “negros neboeiros” que veñen cubrindo o ceo do noso sistema público de saúde non nos permiten que esta celebración sexa completa. Non queremos bonitos e grandes edificios hospitalarios se os mesmos non son para manter unha sanidade publica e universal no seu financiamento e provisión, se os mesmos son para converter o dereito básico da atención a saúde nunha mercancía que beneficie a uns poucos a conta das maiorías sociais.

Ourense 17 de Xaneiro do 2014.-

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s