NOTA DE PRENSA SOBRE O NOVO CONCURSO DE XESTIÓN INTEGRAL DE ESPAZOS DO CHUO

Imaxe

 

NOTA DE PRENSA

ASUNTO: Licitación Obras Hospital de Ourense

Os pasados días o Presidente Feijoo anunciaba a próxima licitación do concurso para as obras do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Dende esta Plataforma fixemos unha nota na que saudabamos que por fin se puxera fin a esta discriminación para Ourense e criticabamos o que temos considerado como unha “desastrosa xestión” a levada adiante tanto pola Consellería de Sanidade como pola Xerencia de Ourense.

Pasados uns días desta nota nos atopamos con que no DOG do último día do ano 2013, sae publicado un concurso de servizos para a Xestión Integral de Espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense por valor de 225.348.565,05 €. Concurso asinado por Dª Eloina Nuñez Xerente do Área.

Ante esta nova a Plataforma de Ourense, manifesta o seguinte:

  1. De novo o Sr. Núñez Feijoo e a Sra. Eloina Núñez poñen en risco o remate das obras do Hospital de Ourense pois repiten as mesmas actuacións que fixeron no pasado ano e que provocaron que quedara deserto o concurso de Xestión Integral de Espazos e aqueles 14 millóns de euros que tiña que depositar a empresa adxudicataria e que servirían para encetar as obras non apareceron e o final pasou todo o 2013 sen adxudicase as obras e tendo que pedirse unha prorroga para non perder os 45 millóns de euros dos fondos europeos.

  1. Esta vez a cousa ten unhas “pequenas” variantes. O Concurso ao que ninguén se presentou era por 10 anos e agora o prorrogan a 15 anos. Antes os euros a depositar eran 14 millóns e agora son a metade 7 millóns de euros. O Concurso que quedou deserto en Maio do 2013 era por importe de 150 millóns de euros e este pasa a 225 millóns.

  1. Polo tanto o anuncio das obras por parte do Sr. Feijoo volta a ser un “anuncio trampa”, outra “maqueta” ao que tanto se ten afeccionado. Non vai haber adxudicación das obras ata que se adxudique este Concurso de Xestión Integral de Servizos que ten un prazo legal de 6 meses polo que nos poñemos no mes de Xuño deste ano e polo tanto volvese a xogar de xeito perigoso cos prazos para os fondos europeos. Non esquecer que xa estamos en período do prorroga dende o 31 de Decembro.

  1. Parece ser que despois de sete meses de silencio por parte da Consellería de Sanidade e da Xerencia de Ourense debeu haber moita “negociación na sombra” para buscar unha empresa disposta a asumir o Concurso da Xestión Integral de Espazos e para elo non dubidan en facer un concurso “a carta” onde se rebaixan un 50% as condicións económicas e se “regalan” 5 anos de licitación, ademais de incrementar o valor do concurso en 75 millóns de euros.

  1. Temos que lembrar que o anterior anuncio do Concurso de Xestión Integral fora denunciado e impugnado por algunhas empresas galegas que se ven de novo prexudicadas e relegadas ante este anuncio.

  1. Tamén temos que lembrar que esta Plataforma valorou no seu momento este Concurso en Marzo do 2013: “Esta licitación acocha o verdadeiro carácter e compromiso continuísta do Sr. Feijóo coas políticas privatizadoras que ten levado adiante en clara cooperación co goberno do Sr. Rajoy pois esta medida, dende o noso punto de vista, implica a introdución do modelo chamado PFI (financiamento público/privado), pola “porta de atrás” ,na construción do Hospital de Ourense”. Entregáselle a empresas privadas a xestión e subministro de enerxía, o mantemento, a limpeza, os aparcamentos, a informática, etc e pasase a privatizar os postos de traballo de todo o persoal de mantemento que desaparecen como empregos públicos.

A Plataforma quere un novo Hospital para Ourense pero non queremos un Hospital realizado polo modelo PFI.

A poboación de Ourense ten que saber que a atención sanitaria non é só a construción de boas infraestruturas tanto hospitalarias como de centros de saúde. De pouco nos vai servir aos Ourensáns o ter un Hospital tecnoloxicamente punteiro se a Sanidade ten deixado de ser Universal, se os repagos se teñen incrementado de xeito alarmante, se lle limitan a atención sanitaria e o acceso a certos colectivos sociais, etc.

Polo tanto: Non sabemos cando se van iniciar as obras, poñen en risco os fondos europeos, provocan máis atraso para que os habitantes da provincia dispoñan dunhas instalación dignas para a súa atención, seguen coa teima privatizadora a pesar de saber que é máis cara, máis ineficiente, de menor calidade e de maior risco para a saúde da poboación e manipulan a información, xogando cos desexos e necesidades dos que habitamos nesta Provincia.

Ourense a 02 de Xaneiro do 2014.-

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s