O PRESIDENTE DA XUNTA ANUNCIA, NON SEN TEMPO, A ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DO CHUO

Dende a Plataforma alegrámonos moito de que o goberno presidido polo Sr. Feijoo decida por en marcha o remate do Plan Director do Complexo Hospitalario de Ourense vai para seis anos que leva xestionando a Xunta de Galicia e o Hospital de Ourense leva paralizado todo ese tempo o que haberá que engadirlle os meses que fallan para rematar as obras e inauguralo.

É unha boa nova para Ourense pero non pode presentar o Sr. Feijoo esta adxudicación como un triunfo da súa xestión, máis ben tería que pedir desculpas a poboación de Ourense por este atraso continuado, por  ningunearlle a cidadanía desta provincia o ter un Hospital digno durante tantos anos. Unha adxudicación que chega nos limites legais para non perder as subvención europeas, unha adxudicación que chega despois das “chapuzas” feitas coa “fallida” proposta da Xestión Integral de Servizos, unha adxudicación que chega despois de inaugurar “maquetas e máis maquetas”, etc, etc, . Se nos queren vender isto como un gran logro da súa xestión van claramente equivocados pois o que están amosando é  a súa incompetencia como  xestores e un claro trato discriminatorio coa poboación de Ourense.

Advertisements
Enlace | Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s