MANIFESTO LIDO AO REMATE DA MANIFESTACIÓN CONTRA O DESMANTELAMENTO DAS URXENCIAS DE CIRURXÍA PEDIÁTRICA

Imaxe  Imaxe

 

A Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense quere agradecer en primeiro lugar a vosa presenza nesta importante manifestación para a esta provincia.

O ter acudido hoxe aquí de xeito tan masivo é a constatación de que existe unha provincia viva, unha provincia que non quere que se lle pisoteen e vulneren os seus dereitos.

A vosa presenza constata unha cidadanía que está disposta a loitar e dicirlle, a estes mal chamados xestores dos servizos públicos, que ¡ BASTA XA!, que nesta cuestión dos recortes na atención sanitaria téñense sobrepasado tódolos limites e o desmantelamento do servizo de Urxencias en Cirurxía Pediátrica amosa ben as claras a súa catadura.

Non lles chegou con desmantelar o Hospital de Toén e querer perder 400.000 metros cadrados de patrimonio público, non lles chegou con pechar 75 camas do Hospital de Piñor, non lles chegou con atrasar e atrasar a finalización da construción do Hospital de Ourense poñendo incluso en risco a perda de 45 millóns de euros das subvencións europeas, non lles chegou con dilatar e ningunear a construción dos Centros de Saúde do Couto, do Vinteún e de Barbadás, non lles chegou con converter a Provincia nunha única área de xestión descabezando e marxinando a Atención Primaria de Saúde que debería ser o piar fundamental da Atención Sanitaria, non lles chegou con reformar e reformar a xestión do Servizo de Urxencia do CHUO conseguindo sempre camas nos corredores, trato deshumanizado, demoras interminables e reingresos constantes. Non lles chegou con todo isto, faltáballes meterse con aquel grupo de idade dos máis vulnerables, con un sector da nosa poboación que precisa un pouquiño máis de sensibilidade, un grao máis de atención e coidados pois son o futuro da nosa sociedade, o futuro desta provincia, como son os máis de 30.000 nenos e nenas que temos tódolos Concellos de Ourense.

A Consellería de Sanidade e a Xerente do Área de Xestión Integrada de Ourense D Eloina Núñez levan varias semanas tentando convencernos de que esta decisión ven “amparada por criterios técnicos, por criterios científicos e pola busqueda da mellor calidade na atención aos nosos nenos e nenas” para elo non dubidou en buscar o acubillo de Xefes de Servizo, de responsables de sociedades profesionais, etc para que respaldasen a súa postura e moitos deles téñense prestado, lamentablemente, a ese xogo pero todos sabemos que nas rúas, nos fogares, nos lugares de traballo carece dese respaldo e mesmo tódalas organización políticas e sociais desta provincia se teñen pronunciado de xeito claro contra esta proposta incluído o Plenario da Deputación e do Concello desta Cidade e mesmo o Colexio de Médicos ten sido moi critico coa medida.

Ao longo destas semanas que a Plataforma leva de campaña, primeiro recollendo sinaturas, preto de 7.000, en menos de 15 días e coa distribución masiva de Postais nestes últimos 10 días temos visto, ouvido e palpado cal é o sentir da poboación e o rexeitamento que produce o desmantelamento do Servizo de Urxencias de Cirurxía Pediátrica. Podemos afirmar que este tema non entende de cuestións ideolóxicas, ou creenzas partidarias, afecta por igual a todos os que teñen fillos, netos,sobriños ou amigos e veciños en idades de poder precisar atención urxente de cirurxía.

Eles falan de datos, de cifras, de non ter un número de nenos suficientes para poder ter un servizo que estea aberto as 24 horas do día os 365 días do ano e nós preguntámonos:

  • ¿por que esas cifras e datos son validos para Ourense e non para os outros lugares de Galicia onde hai Cirurxía Pediátrica?. Pois con esas estatísticas non estaría xustificado manter aberta esa prestación en ningún hospital galego. Unha vez máis Ourense tratado de xeito discriminatorio.

  • ¿por que esta Xerencia que leva máis de 5 anos xestionando a Sanidade de Ourense e sabendo que había xubilacións e posibles traslados de cirurxiáns non fixo nada para arranxar o problema e deixou que fose complicándose?. ¿estarían pensando no ben que lles viña a situación para botar o peche? ou ¿na mellora da calidade na atención aos nosos nenos e nenas?

  • ¿por que uns datos que amosan un Servizo de Cirurxía Pediátrica que funcionaba estupendamente, con gran capacidade de resolución, con estancias medias hospitalarias moi baixas, que evitaba traslados a outros lugares se desmantela e se mandan os nosos cativos a lugares onde hai listas de espera?. ¡É esta a calidade asistencial que merecen os nenos e nenas de Ourense!.

  • De estar tan preocupados porque os cirurxiáns pediátricos estean tan adestrados e non perdan as súas habilidades técnicas, ¿porque ten que ser a costa de trasladar os nosos fillos e fillas a Vigo?. Vostedes saben que existen outras alternativas pero non lles interesan.

  • Se vostedes din que o manter o servizo de Cirurxía Pediátrica a tempo completo, non é só un problema de Cirurxiáns se non de anestesistas, pediatras, enfermeiras, etc ¿que nos están a dicir?, ¿ que no fondo é un problema de cartos?, ¿que o hospital de Ourense, que vostedes xestionan, non é quen de ofertar unha boa formación para especialistas nesas materias?. Non se decatan que nos están transmitindo unha gran incapacidade para ser os máximos responsables da xestión da atención sanitaria de Ourense.

Esta Plataforma a vista dos “seus datos”, das súas afirmacións e dos seus comentarios pode afirmar de xeito ben rotundo que o mantemento a tempo completo da Cirurxía Pediátrica en Ourense, !NON É UN PROBLEMA TÉCNICO!, ¡NON É UN PROBLEMA DE FALLA DE CALIDADE DOS SEUS PROFESIONAIS!, ¡NON É UN PROBLEMA DE FALLA DE NENOS E NENAS NA PROVINCIA DE OURENSE!, o problema redúcese a algo que vostedes levan practicando dende vai varios anos e chamase: ¡ RECORTES! .

Os seus argumentos son os mesmos que serven para retirarlle o cartón sanitario aos parados, e os inmigrantes, os mesmos que serven para que os pensionistas teñan que repagar os seus medicamentos, os mesmos que serven para que a xente que precisa material ortoprotésico teña que adiantar os cartos, os mesmos que empregan para reducir ou facer pagar o transporte sanitario os máis necesitados, os mesmo argumentario co que xustifican subir os impostos e reducir salarios as maiorías sociais e perdoarlle as millonarias débedas aos sectores financeiros e bancarios que tivemos que rescatar.

Vostedes esquecen as persoas, fíxense a onde chegan coas súas míseras medidas que non parece importarlles moito que os nenos e nenas e as súas familias teñan que trasladarse para ser atendidos a outras Provincias por problemas que até vai uns meses se resolvían sen problemas no noso Hospital.

Non son cribles as súas razóns, seguiremos loitando para que Ourense non perda este Servizo, seguiremos empeñados e darlle a volta a esta decisión e para elo o empuxe e animo de todos os que estades aquí e moitos que non puidestes asistir é fundamental. Se queremos ter unha asistencia sanitaria digna, se queremos un sistema sanitario público e universal, se queremos parar a destrución do estado de benestar a vosa colaboración e implicación son imprescindibles.

¡MOITAS GRAZAS POR ASISTIR!

¡ESTA LOITA NON REMATA AQUÍ!

 

Ourense 19 de Decembro do 2013.-

 

 

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s