HOXE OURENSE MOVENDOSE EN DEFENSA DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO

 

A plataforma quere agradecer a toda a cidadanía de Ourense a súa participación e colaboración na campaña a prol do mantemento das urxencias de cirurxía pediátrica no CHUO. A manifestación de hoxe, nun día de chuvia e friaxe, non é o punto final desta campaña. A nosa loita vai ter continuidade e nos próximos días anunciaremos novas medidas. A nosa valoración non pode ser nada máis que moi positiva. Durante todos estes días comprobamos que a sociedade ourensán está claramente en contra das decisións tomadas pola Xerente do Área Integrada de Ourense e que a súa é unha decisión fracasada pois nas últimas semanas foi cambiando de posición, primeiro ían derivarse tódolos nenos que precisasen atención urxente de cirurxía a Vigo, logo só os menores de 7 anos e nos últimos días a cousa baixaba xa ate os 5 anos. A todo isto non foi alleo a nosa presión e a da cidadanía. Polo tanto temos que seguir no camiño encetado e proseguir ata que ningún neno da Provincia de Ourense teña que ser trasladado fora do CHUO na atención urxente como se tiña feito cando a prantilla de Cirurxiáns estaba ao completo.

Imaxe

 

Imaxe

 

Imaxe

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s